OCT 2017 Procedemos a facer aquí un copiaepega das bases que comparte neste artigo en pdf o Concello. Moita sorte a todos os que vos animedes a participar.
1. Participantes.
Poderá participar no concurso calquera persoa maior de idade que o desexe.
2. Prazo de inscrición.
Desde o 16 de outubro ao 3 de novembro.
3. Temática.
Dentro do arte funerario, na súa máis amplia expresión, nesta ocasión a temática versará sobre as figuras escultóricas nos cemiterios lucenses, as emocións e os sentimentos que transmiten. Aquelas imaxes que nuns casos invítandonos a gardar silencio, noutras infundindo consolo, esperanza ou mesmo dor, gardan os sepulcros e custodian a memoria dos nosos defuntos.
Darase unha especial relevancia á captación da sensación de paz e harmonía coa que se impregnan os recintos dos cemiterios.
Fotografía gañadora da VI edición |
4. Obras.
- Cada participante poderá presentar un máximo de tres fotografías inéditas e orixinais para este evento, non podendo estar publicadas en calquera medio con anterioridade á data de convocatoria.
- Cada fotografía achegarase impresa en soporte ríxido (cartón pluma ou similar) en formato 30 x 40 cm ou superficie equivalente aproximadamente.
- Cada fotografía irá acompañada do seu arquivo dixital.
- A persoa concursante indicará o título que decida darlle a cada fotografía ou dun texto para incluir nun posible catálogo ou recopilatorio, no seu caso(máximo de 20 palabras en galego).
- As fotografías poderán ser en cor ou branco e negro.
- As obras que se presenten ao concurso irán acompañadas ademais dun arquivo dixital da fachada do cemiterio do que procedan, indicando a súa denominación e localización.
5. Presentación.
- Os traballos presentaranse nas oficinas da Sección de cemiterio ubicadas no Centro de Servizos municipais, ou por correo certificado, ata as 14 horas do día 3 de novembro.
- No caso de que se presenten por correo certificado, deberase remitir, dentro do prazo indicado, un xustificante desta presentación, por fax (982 297 108) ou correo electrónico (cemiterio@lugo.gal)
- Irán nun único sobre dirixido ao Negociado de cemiterio coa seguinte indicación:
- V Concurso Fotográfico Cemiterio de San Froilán “Estampas de Paz e Acougo” e un seudónimo co que se inscribirá nun rexistro especial para o concurso.
- O sobre conterá outros dous sobres pechados: O sobre A coas obras que se presentan a concurso, en formato papel e dixital segundo o especificado na base 4; e o sobre B que conterá os datos do concursante: nome e apelidos, número de documento de identidade, enderezo, teléfono de contacto e correo electrónico.
6. Xurado.
A composición do xurado será a seguinte: un/unha membro do Servizo de Cultura do Concello de Lugo, un/unha membro da Sección de Cemiterio e unha persoa de recoñecido prestixio no ámbito da fotografía.
O xurado resolverá calquera incidencia que puidese xurdir durante o concurso e terá plena potestade para interpretar estas bases.
Poderá declarar deserto o premio se considera que as obras presentadas non reúnen as calidades artísticas mínimas.
O seu fallo é inapelable e definitivo e será publicado no Taboleiro de Edictos do concello, na súa páxina web: http://www.lugo.gal, e nas redes sociais.
7. Premios. Establécense os seguintes:
Primeiro premio, dotado de 500 euros.
Segundo premio, dotado de 200 euros.
Terceiro premio, dotado de 100 euros.
Aos indicados importes practicaráselles a retención que proceda segundo a normativa legal vixente.
A entrega de premios farase no transcurso dun acto que terá lugar na capela do cemiterio municipal de San Froilán na data que publicamente se indique.
8. Dereitos de autor
As obras premiadas pasarán a ser propiedade do Concello de Lugo. As obras non premiadas poderán ser retiradas polas persoas concursantes entre o 1 e o 31 de xaneiro. Os traballos non premiados que non se retiren no prazo antedito pasarán a ser propiedade do Concello de Lugo.
Os autores e autoras das obras enviadas autorizan ao Concello para a súa reprodución, así como para a súa difusión, publicación e utilización para fins públicos, sempre con mención da súa autoría e respeitando os dereitos de autor.
9. Aceptación das bases.
A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das presentes bases e a manifestación de que a obra presentada é inédita e orixinal para este evento e que a persoa concursante é a súa única autora e titular de todos os dereitos de autor.
10. Exposición das Fotografías.
Co fin de contribuir á promoción do Cemiterio de San Froilán como un espazo de intercambio cultural, as fotografías presentadas serán obxeto de exposición pública no lugar, data e horas que se indiquen a través dos medios de difusión e na páxina web do Concello http://www.lugo.gal