OUTUBRO 2018 O proxecto «Viva o San Froilán» tiña unha sorpresa: non só hai fotos, tamén ilustracións. Ademáis de ir capturando a realidade sanfroilanera para crear un arquivo histórico das nosas festas, cada ano invitaremos a un ilustrador lucense para que con total liberdade plasme en ilustracións cómo ve o San Froilán. Nesta primeira edición contamos con sempre xenial Iván Mouronte, e desde esta redacción escollimos por unanimidade o seguinte debuxo para abir esta sección:  a bota, a simbólica bota que máis de 50 persoas do mundo cultural lucense alzaron ao ceo e ofreceron a Rosalía por desexo e idea de Pomba Lugilde cuio discurso na ofrenda floral a Rosalía de Castro calou en todos os presentes o pasado domingo das mozas – ver fotos – 

IVÁN MOURONTE

lustrador, animador e artista conceptual en videoxogos como Battle Of Puppets, World Of Popus ou YumYumBoy de Smallwonders

Ilustracións para carteis (Arde Lucus 2012, Festival de Jazz de Lugo 2017) e para artigos no xornal El Progreso de Lugo e actualmente na revista El Notario del siglo XXI.

Curtametraxes de stop motion e animación 2D (Polo sen cabeza, Merry Xmas Mr Olsen, Sopa de Tartaruga)

Creación de vídeos animados promocionais ou explicativos (Linknovate, Hola Portal).

Autor de banda deseñada, con proxectos persoais como “Grum!” ou “Materia de colorenchos”, debuxa, a finais do 2015, as páxinas de “Compostela, camiño de pedra”, con guión de Carlos Blanco e Paco Abelleira (Turismo de Santiago de Compostela).

WEB oficial 

Facebook