A alcaldesa de Lugo e o concelleiro de cultura compareceron para presentar un adianto da programación do San Froilán 2026, que se celebrará do 4 ao 12 de outubro e que suma centos de actividades nas que participarán de agrupacións e artistas locais e nacionais.
As barracas
Estarán funcionando do 26 de setembro ao 12 de outubro, ampliando así as posibilidades de lecer para os máis pequenos durante todo o período festivo. Ademais, haberá un Día do Neno, cunha xornada na que poderán desfrutar das atraccións a prezos máis económicos.
Verbenas todos os días
Na Praza Maior, diante da Casa do Concello, actuarán Marbella, Principal, Los Satélites, Acordes, Grupo Beatriz, Punto Clave, América, Suavecito, Escaparate e Costa Dorada.
A programación estenderase tamén a outros puntos da cidade con París de Noia, o día 5 en Augas Férreas; Panorama City, o día 8 no Agro do Rolo; e a Panorama, o día 12, cun espectacular escenario de 64 metros (pendente de confirmar ubicación)
O 12 de outubro, xornada de peche das festas, será especialmente intenso con tres orquestras: Escaparate ofrecerá a sesión vermouth s 13.00 horas na Praza Maior, Costa Dorada actuará tamén á tardiña tamén diante da casa do Concello ás 19.30 horas e a Panorama levará á noite o seu espectáculo (pendente de confirmar ubicación)
San Froilán Miúdo
A programación infantil comezará xa en setembro cos Peludez, que realizarán 30 visitas aos centros educativos de Lugo, incluídos CEIP, escolas infantís e ao HULA, para achegar o espírito do San Froilán aos máis pequenos e comezar a quentar motores antes das festas.
Xa durante o San Froilán, Pica Pica será unha das grandes propostas, cun espectáculo musical infantil o 5 de outubro ás 12:00 horas na Horta do Seminario tamén está confirmado o espectáculo itinerante de Diminuts e o Carrusel Ambulante entre outros. Ademáis: música, maxia, contacontos e outros espectáculos infantís, xunto ás actividades habituais pensadas para desfrutar en familia.
Concertos
O calendario da Horta do Seminario quedará así:
· 4 de outubro: Nil Moliner.
· 5 de outubro: Pica Pica e Sidecars.
· 6 de outubro: 9louro + The Rapants.
· 7 de outubro: Lucho RK + Santiago Auserón.
· 8 de outubro: Celtas Cortos.
· 9 de outubro: Malú.
· 10 de outubro: Juan Magán.
· 11 de outubro: La Penúltima Sabinera
· 12 de outubro: Los Diablos.
Praza de Santa María:
Pasarán por este escenario unha actuación de Corais, a Banda Filarmónica e Brath, a Orquestra Terranova cun espectáculo de zanfonas, grupos locais, San Froilán Sorrí, con monólogos de humor, El Kiki e o Cante das Minas, nun espectáculo do Teatro Real, Cántigas e Frores, Airiños de Orbazai, a Asociación de Gaiteiros e Xisco Feijoo.
+ Música
Espazo Hip Hop, San FroiDance e o Electronic Lucus Fest.
A programación inclúe a actuación da Banda Municipal de Música no templete, cun concerto tras o pregón, e contará tamén coa participación da Banda Filarmónica, das Bandas de Música Crisanto, das escolas mancomunadas de Outeiro de Rei, Friol, Rábade e Begonte, así como de numerosos grupos locais.
A música estará tamén presente nas rúas a través de pasarrúas, charangas e batucadas, acompañadas pola presenza dos tradicionais Xigantes e Cabezudos, que volverán formar parte da paisaxe festiva da cidade.
A tradición galega terá igualmente un espazo propio, coa participación de grupos de danzas e escolas de baile, o Domingo de Mozas e o desfile de traxe galego, así como coa celebración dunha verbena galega d´e antes, cun espectáculo teatralizado na Praza Maior
O programa incluirá ademais diferentes propostas para descubrir e desfrutar Lugo durante as festas, como a Feira do Mel na Praza de Santo Domingo, o San Froilán Tecedeiro e a Mostra de Coches Clásicos,, xunto ao Mercado Medieval, que se realizará o 12 de outubro.
O programa completo, con horarios e localizacións de cada actividade, estará dispoñible nos próximos días.






