Codex Cinema chega a un acordo con Netflix

Setembro 2019 O Codex Cinema ven de anunciar varias novidades esta volta de verán:

  • un acordo con Netflix, grazas ao cal proxectaránse en Lugo algunha das grandes películas americanas que a plataforma dixital ten previsto estrear ao longo do outono, un par de semanas antes da súa estrea na plataforma.O primeiro deles é The Laundromat, o drama dirixido por Steven Soderbergh sobre os papeis de Panamá, que conta coas interpretacións de Meryl Streep, Antonio Banderas, Gary Oldman e Sharon Stone, entre outros.
  • continúan co apoio a produción galega, co filme Gallo, a historia do surfista Aitor Francesena, que tras sufrir unha discapacidade aos 39 anos, continuou coa súa paixón e os seus obxectivos vitais de surfear unha gran ola. O filme é unha coprodución entre Euskadi e Galicia, contando co apoio da produtora galega Frida Filmes. Pase único o domingo 29/09
  • o evento musical Ruído – Encontro bidimensional, un pequeno festival de música electrónica que sucederá ao longo de toda a tarde e noite do sábado 28/09
  • Estrea en Lugo de «O que arde» de Oliver Laxe o 11/10 
ruido-encontro-bidimensional