sociedad-filarmonica-lugo-programa-2019-2020

O próximo 18 de outubro, a Sociedade Filarmónica de Lugo dará comezo á que será a súa tempada de concertos número 73

Doce concertos programados de outubro a maio con orquestras, solistas e agrupacións de cámara de primeira fila traerán á nosa cidade a mellor música.

Destaca a presenza, no ciclo de concertos, das tres grandes orquestras sinfónicas galegas: a Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra Sinfónica de Galicia que pechará a tempada o 14 de maio e a Orquestra Vigo 430.

Varios dos concertos serán precedidos da conferencia «Programa de antemano», impartida pola divulgadora musical Teresa Adrán sobre o contido do concerto correspondente

sociedad-filarmonica-lugo-programa-2019-2020
Distintos momentos da presentación

Setembro 2019 Este mércores 25/09 tivo lugar a presentación da nova tempada de concertos da Sociedad Filarmónica de Lugo, organización cultural sen ánimo de lucro que leva 73 anos programando música na cidade no que probablemente sexa un fito histórico non só a nivel local, se non mundial (700 concertos e outra das cifras mareantes que resultan de tantos anos de traballo e bo facer).

No acto de presentación estiveron a Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro e aVicerrectora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, dando o apoio institucional ao representante da Sociedade, José Luis Díaz que deu conta do programa de concertos, sendo o seguinte:

Lina Tur Bonet
Lina Tur Bonet

PROGRAMA

Tódolos concertos no Círculo das Artes ás 20:00 

VENRES 18 de outubro 2019

Real Filharmonía de Galicia
Dmytro Choni, piano (Gañador do Concurso de piano Paloma O’Shea de Santander)

 O programa inclúe o gran Concerto para piano e orquestra nº 2 de Chopin xunto á Sinfonía “Escocesa” de Mendelssohn

MARTES 26 de novembro 

Reflexions Ensemble
Elena Viksne, violín; Barbara Switalska, violonchelo e Javier Otero Neira, piano
Tríos de J. Brahms, Julián Carrillo e D. Shostakovich 

SÁBADO 7 de decembro 

Un lugar especial e sinalado terá na tempada este concerto dedicado ao ciclo de cancións de Franz Schubert “A Viaxe de Inverno”, obra fundamental na produción do vienés e do romanticismo alemán. Estará a cargo de dous grandes especialistas na materia como son o barítono Vicente Antequera e o pianista Óscar Oliver

F. Schubert: WINTERRISE

VENRES 17 de xaneiro

Brentano String Quartet (USA), un dos cuartetos de corda máis prestixiosos do mundo
Beethoven 2020 (250 aniversario) A celebración do 250 aniversario do nacemento de L. v. Beethoven será un dos fitos do 2020 
L.V. Beethoven: Cuartetos op. 18 nº 5 e Op. 127

SÁBADO 25 de xaneiro 

Orquestra Barroca Vigo 430
Pedro Castro, óboe e dirección / Mónica Monteiro, soprano
J. S. Bach: Cantatas BWV 84 e BWV 202 / A. Marcello: Concerto para óboe

SÁBADO 15 de febreiro

Rossane Philippens, violín e dirección
Orquestra Sinfónica Vigo 430
Beethoven 2020 (250 aniversario)
L.V. Beethoven: Concerto para violín en re M / Sinfonía nº 2

MÉRCORES 4 de marzo 

Giorgi Gigashvilli
Gañador do Concurso Internacional de piano Cidade de Vigo

Obras de F. Chopin, R. Schumann, A. Scriabin e D. Shostakóvich

LUNS 16 de marzo

Ensemble Trifolium (grupo significado na interpretación historicista )
J. P. de Almeida: Un músico ilustrado en terras lucenses

J. P de Almeida: Cuartetos op. 6 e op. 4 / L.v. Beethoven: Cuarteto op. 18 nº 6

SÁBADO 21 de marzo

Lina Tur Bonet, dirección
Orquestra Barroca Vigo 430
Coro Rías Baixas

J. S: Bach:»Paixón segundo San Xoan»,  unha dos cumes do repertorio barroco.

Artigo en Viva Lugo sobre o último concerto de Lina Tur Bonet e a Orquestra Barroca Vigo 430 en Lugo

SÁBADO 4 de abril 

Cuarteto Quiroga (o cuarteto de corda máis internacional na actualidade do noso país)
Programa en preparación

SÁBADO 25 de abril 

Rusanda Panfili, violín / Dana Pentsov, viola
Ensemble Vigo 430
F. Mendelssohn: octeto en mi m / J. Brahms: sexteto nº 2

XOVES 14 de maio 

Orquestra Sinfónica de Galicia
José Trigueros, director / María José Ortuño, frauta
Obras de C. Debussy, J. Ibert e F. Poulenc

A Tempada de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo conta co apoio e patrocinio da área de cultura da Diputacíón Provincial e da Concellaría de Cultura do Concello de Lugo, ademais da colaboración da Universidade de Santiago de Compostela.

Para o público en xeral, que non sexa socio da Filarmónica, as entradas para estes concertos poden adquirirse no Círculo das Artes, os estudantes do Conservatorio poden acceder libremente co carné de estudante do mesmo e os estudantes universitarios poden recoller a súa entrada na Oficina de Cultura do Campus. Para máis información poden dirixirse ao teléfono 982 230 805, ao mail filarmonicadelugo@gmail.com ou na Web www.filarmonicadelugo.com