O Galician Film Forum estrea no Reino Unido ‘Tódalas mulleres que coñezo’, da luguesa Xiana do Teixeiro
 A cita será o venres 5 de abril, a partir das 19 horas, no King´s College London da capital británica con entrada gratuíta
O programa completarase con ‘Matria’, de Álvaro Gago, unha curtametraxe multipremiada sobre a incomunicación e o falso mito do matriarcado galego

Abril 2019 O Galician Film Forum (GFF) celebrará a súa décima edición cun programa dobre que incluirá a estrea no Reino Unido do documental Tódalas mulleres que coñezo, da luguesa Xiana do Texeiro, e a proxección da curtametraxe Matria, de Álvaro Gago.

A actividade terá lugar o venres, 5 de abril, na universidade King´s College London [19 h, Edmond J Safra Theatre, Strand Campus, WC2R 2LS, Londres]. 

Coma decote, ambas as dúas obras proxectaranse en versión orixinal con subtítulos en inglés e o encontro celebrarase en inglés e mais en galego. 

Esta edición do GFF conta co apoio do Departamento de Spanish, Portuguese and Latin American Studies do King´s College London, co patrocinio de ABANCA e coa colaboración da Oficina para Asuntos Culturais e Científicos da Embaixada de España en Londres.

mulleres que coñezo
Xiana do Teixeiro

Xiana do Teixeiro é unha cineasta interesada no relato íntimo, a identidade, a construción do xénero e a ecoloxía. Tamén é doutora e investigadora en Comunicación Audiovisual, creadora, produtora musical e cofundadora da produtora Walkie Talkie Films. Con Estrada dunha soa dirección gañou o Proxecto X Films do Festival Punto de Vista 2015 (Navarra). Actualmente está inmersa en Proxecto Diario, unha investigación artística e película en produción sobre o diario íntimo feminino adolescente. Tódalas mulleres que coñezo (2018) é a súa primeira longametraxe.