“Tódalas mulleres que coñezo” o docu que todOs deberíamos ver

semana-cine-lugo-2825
Parte da equipa despois da proxección

SETEMBRO 2018  DocumentaMadrid (Premio Screenly al mejor largometraje) e Vigo (Premio del público al mejor largometraje) … e os que quedan, ou deberían quedar porque o do docu lucense “Tódalas mulleres que coñezo” é unha marabilla en tódolos sentidos (estético, narrativo, reivindicativo, social, didáctico … ). 

Tras unha entrega de agasallos de agradecemento a institucións que apoian a Semana de Cine de Lugo (Achádego Teatro tamén é unha institución en Lugo, claro que sí) e a merecida homenaxe sorpresa ao seu director Manuel Curiel (cartel adxunto) chegou o momento da estrea de “Tódalas muleres que coñezo” traballo de Xiana do Teixeiro e un reparto e equipo 100% feminino e casi 100% de Lugo: unha reflexión en voz alta sobre a violencia que viven as mulleres no seu día a día (noite a noite). 

Coidamos que a maestría do relato visto en “Tódalas mulleres que coñezo” está nese verbo: viven. O uso do branco e negro, a elección dos planos e a iluminación, o son, o plantexamento sinxelo pero altamente efectivo nos escenarios (conversa entre amigas na Pza da Soidade, reunión de mulleres nunha vivenda, aula de bacharelato onde observan e debaten sobre o visto e oído nos dous primeiros sitios) e a naturalidade con que as protagonistas falan sobre as súas experiencias de abusos e agresións desde as emocións, olvidándose da cámara, cunha naturalidade inusitada, consiguen facer que os espectadores sexan, sexamos,  uns máis sentados ao seu carón …vivindo o que contan e así derribar esa barreira de incomprensión e de falta de empatía, denunciada reiteradamente no docu, polas mulleres. 

Queda un mundo por facer para que as mulleres non vaian con medo polas rúas, para que os nenos de hoxe non sexan machos agresores do mañá, e os que xa o son muden de conducta, para que a xustiza esté a altura do problema …pero a xente do Auditorio se puxo en pé – a petición dunha espectadora, xenial idea, por certo – por tódalas mulleres que sufriron, sufren (e sufrirán) violencia machista, desigualdade… e saber que este docu seguirá circulando por festivais e sobre todo por aulas de insitituto é un gran paso hacia unha normalidade que non é a que agora damos por válida: mulleres con medo, víctimas, victimizadas e “pedindo permiso” para ocupar lugares naturais e que lle corresponden… “Tódalas mulleres que coñezo” é o docu que TODOS e TODAS deberíamos ver.

Equipo Técnico

Escrita y dirigida por: Xiana do Teixeiro

Reparto: Olalla Caamaño López , María Corral Fernández, Nieves Neira, Beatriz Rodríguez López, Xiana do Teixeiro … y más.

Imagen: Belén Mendaña, Noemí Chantada, Xiana do Teixeiro

Sonido directo: Iria Otero, Leticia Fernández

Producción: Uxía de Buciños y Nóvoa, Xiana Do Teixeiro

Postproducción: Xiana Do Teixeiro

Póster: Tania Berta Judith

Banda Sonora: TA!

La película está producida por Walkie Talkie Films, con participación de la Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).