Películas lucenses na 40 Semana de Cine de Lugo

Madre y maestra 

Mércores 12/09 – 20:00 – Deputación Provincial de Lugo – Entrada gratuita

Duración: 25 min . Dirixida por: Caamaño Castro e Serafín Trashorras (Lugo)

Trátase dunha visión próxima da vida de Cristina Trashorras Cendán, unha mestra que viviu a posguerra civil e a chegada á democracia desde a perspectiva das súas escolas, os seus alumnos e os seus compañeiros. Nai e mestra, é unha alegación a favor das mulleres que traballaron e viviron a súa vocación a pesar de que a situación social e política non era a máis adecuada para sair adiante.

Facebook de “Madre y maestra”

A estrea de "Madre y maestra" colapsou a Deputación de Lugo.

Atenas, Meeting Point

Xoves 13/09 – 18:00 – Deputación Provincial de Lugo – Entrada: gratuita

Duración: 68 min. Dirixida por: Carmen PG Granxeiro (Lugo)

Xullo de 2017. Atenas é un fervedoiro de turistas pero nun pequeno barrio anarquista da capital grega o movemento social europeo e ateniense traballa xunto ás persoas emigrantes atrapadas polo peche de fronteiras na UE. A cidadanía fronte as intstitucións. Ao redor do barrio anarquista de Exarchia sucédense encontros e desencontros, muros abertos e…

Reportaxe en Viva Lugo: “Art is our weapon” Carmen PG Granxeiro o como hacer arte por el bien común

Prea

Xoves 13/09 – 18:00 – Deputación Provincial de Lugo – Entrada: gratuita

Duración: 7 min Dirixido por: Antonio Lence (Lugo)

Nomes en clave, sentimento de culpabilidade, cinza e unha grabadora…un verase envolto nun misterioso caso, no que a realidade é moi diferente do que aparenta ser.

A viaxe de Ruth

Xoves 13/09 – 20:00 – Deputación Provincial de Lugo – Entrada: gratuita

Duración: 55 min. Dirixido por: Jaime Pardo Valdés (Lugo) e Xosé Reigosa (San Cosme de Barreiros) – Guión: María Vázquez (Lugo, veciña de) –  Música: Arturo Vaquero (Lugo) –  Cartel: Quique Bordell (Lugo)

Entre os anos 1924 e 1926 a fotógrafa americana Ruth Matilda Anderson viaxou dúas veces a Galicia, acompañada do seu pai Alfred que tamén era fotógrafo, por encargo da Hispanic Society of America, fundación dirixida por Archer M Huntington.

Ruth realizou durante a súa estancia en Galicia unhas 5.500 fotografías, dunha gran calidade, o que a xuízo dalgúns entendidos, non ten parangón con ningún traballo da época.

O documental “A viaxe de Ruth” trata de rememorar esta viaxe, case 100 anos despois, facendo que un fotógrafo galego, Xosé Reigosa, percorra algúns dos máis importantes escenarios que Ruth fotografiou, tratando onde sexa posible de realizar unha toma similar e comprobando canto cambiou Galicia desde aqueles anos a hoxe. Deixando constancia sobre todo dun cambio fundamental como é a transición dunha sociedade rural a unha sociedade maioritariamente urbana.

 

 

 

Amanece despejado

Xoves 13/09 – 20:00 – Deputación Provincial de Lugo – Entrada: gratuita

Duración: 14 min Dirixido por: María Vázquez (Lugo, veciña de) e Bruno Máez (Lugo)

Hoxe é un día moi importante para María porque vai dar unha conferencia sobre o famoso escritor de ciencia ficción Philip K. Dick. Todo segue a rutina cotiá, fóra dun pouco de nervios debido ao acontecemento. Pero a medida que pasa o tempo descubrirá que nada é o que parece.

Facebook de Amanece Despejado

Miñoca

Venres 14/09 – 18:00 – Deputación Provincial de Lugo – Entrada: gratuita

Duración: 7 min Dirixido por: Iago de Sant (Lugo) Escrita e protagonizada por Víctor Cantero (Lugo)

Marce traballa nun pobo pequeño como zapateiro ó carón do camiño de Santiago. Os seus mellores aigos Berto e Berta emigran cara Colombia e Marce pensa se debería marchar tamén do pobo ou quedar. Unha noite encontran un pequeno amiguiño co que conversa de cousas moi curiosas.

Tódalas mulleres que coñezo

Luns 17/09 – 22:45 – Auditorio Municipal Gustavo Freire

Duración: 71 min Moito talento lucense: Dirixida por: Xiana do Teixeiro (Lugo) Fotografía: Belén Mendaña Pictures, Noemí Chantada, Xiana do Teixeiro  Con: Olalla Lla , María Corral Fernández, Nieves Neira RocaBeatrix Kiddo, Xiana do Teixeiro

DocumentaMadrid (Premio Screenly al mejor largometraje) y Vigo (Premio del público al mejor largometraje).

Unha “posta en palabras” para pensar o desequilibrio social entre home e muller no noso país; unha película falada, feita de conversacións cruciais en tres escenarios enlazados e significativos, a partir do punto de inflexión de Alcásser e os cambios de conduta que levou para as mulleres a nivel nacional, co altofalante sensacionalista dos medios de comunicación.

Dhogs

Xoves 20/09 – 19:30 – Deputación Provincial de Lugo

Duración: 87 min Dirixida por: Andrés Goteira (Meira) Productor Suso López (Meira) Entre o reparto: Melania Cruz (Lugo)

13 galardóns nos Premios Mestre Mateo.

Mentres un estraño personaxe cruza as rúas da cidade ao volante dun taxi, no bar dun luxoso hotel está Alex, unha muller que goza dunha última copa, inconsciente do alude de acontecementos que a envolverán nas próximas horas. Unha fugaz aventura cun executivo será o preámbulo cara a unha espiral de violencia sen sentido aparente, obrigándoa a percorrer unha senda de sufrimento fóra do seu control.

Cheo total no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo na estrea de Dhogs

Las Leandras

Venres 21/09 – 19:30 – Deputación Provincial de Lugo

Duración: 87 min. Ano: 1961. Dirixida por: Gilberto Martínez Solares. Intérpretes (entre outros): Rosario Durcal (Lugo)

Unha compañía musical utiliza unha vella casa de citas para montar o seu novo proxecto baixo o disfrace de ser un colexio. Chegan as alumnas e comezan as confusións cos vellos clientes do lugar.