Semana Santa de cine no Vello Cárcere de Lugo

MAR 2018 Oito películas que teñen en común a temática relixiosa e que van desde a comedia ao drama, desde a ficción ao cinema histórico, poderán verse de balde esta Semana Santa no Vello Cárcere de Lugo e en versión orixinal subtitulada. Hai peliculóns,  unha proposta altamente recomendable: 

Sábado, 24 de marzo ás 21:00 horas – NAZARÍN – dir. Luis Buñuel

Domingo, 25 de marzo ás 18:00 horas – A VIDA DE BRIAN – dir.Terry Jones

Martes, 27 de marzo ás 18:00 horas – OS XOVES MILAGRE – dir.José Luís García Berlanga

Mércores, 28 de marzo ás 18:00 horas – XESUCRISTO SUPERSTAR – dir. Norman Jewison

Xoves, 29 de marzo ás 19:00 horas – BEN-HUR – dir. William Wyler

Venres, 30 de marzo ás 19:00 horas – A ÚLTIMA TENTACIÓN DE CRISTO – dir. Martin Scorsese

Sábado, 31 de marzo ás 19:00 horas – ÁGORA – dir. Alenjandro Amenábar

Domingo, 1 de abril ás 18:00 horas – O EVANXELIO SEGÚN SAN MATEO – dir. Pier Paolo Passolini