Picasso, Miró, Chagall, Dalí, Canogar, Tápies,Chillida, Joseph Beuys, Roy Lichtenstein, Sol Lewitt, Andy Warholl, Miquel Barceló, Damien Hirst, Takshi Murakami ... entre os artistas con obras na expo.

ABRIL 2018 Nos últimos tempos, moitos artistas utilizaron a obra gráfica sen prexuízos como base de moitos dos seus traballos. As súas propiedades plásticas, a súa incitación á investigación, a súa capacidade de sorprender, o seu abanico de posibilidades e soportes ou as súas fronteiras abertas fan da gráfica moderna unha disciplina en auxe para a creación contemporánea.

Esta exposición múltiple en todas as sedes da Rede Museística de Lugo, revela a evolución dunha serie de prácticas artísticas que teñen en común o uso intensivo de representacións susceptibles de ser reproducidas por medios mecánicos e/ou dixitais (gravado, litografía, xilografía, linóleo, impresión dixital, fotografía…) xunto cunha reflexión sobre a relación entre o artista e os seus procedementos. Quérese reflexionar sobre a relación actual entre produción artística e tecnoloxía.

O percorrido expositivo foi formulado en distintos bloques temáticos  para a súa correcta compresión: miradas cruzadas da modernidade e as orixes da arte contemporánea en España;  a gráfica española das segundas vangardas,  entre realismo e abstracción; o intercambio cultural internacional na época franquista; a escultura contemporánea e a obra múltiple seriada; a evolución da arte abstracta en Europa; o Pop Art e a serigrafía; unha visión poética da arte española nos anos oitenta e noventa; as prácticas artísticas e os novos modos de produción no século XXI.

Artistas con obra en exposición: Pablo Ruíz Picasso, Joan Miró, Marc Chagall, Salvador Dalí, Rafael Canogar, Luis Feito, Antoni Tápies, Eduardo Chillida, Antonio Saura, Manolo Valdés, Miguel Berrocal, José Guerrero, Eduardo Arrollo, Richard Serra, Joseph Beuys, Jannis kounellis, Arnulf Rainer, Pierre Alechinsky, Karel Appel, Victor Vasarely, Roy Lichtenstein, Robert Rauschenberg, Sol Lewitt, Andy Warholl, Miquel Barceló, José María Sicilia, Luis Gordillo, Jaume Plensa, Damien Hirst, Spencer, Tunick, Takshi Murakami, Paul MacCarthy, Yoshitomo Nara e Anish Kapoor.

depicasso

EXPOSICIÓN: De Picasso a Kapoor. Obra gráfica e Múltiple Contemporáneos

Sala de Exposicións do MPLugo (do 24 de abril ao 20 de xuño de 2018)

Horario de visitas: Luns a venres: 9:00 a 21:00 h. Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h. Domingos e festivos: 11 a 14 h.

 

Museo Fortaleza San Paio de Narla (do 24 de abril ao 20 de xuño de 2018).

Obra de Rafael Canogar, Antonio Saura, Miquel Barceló, Jaume Plensa e José Mª Sicilia.

Museo Pazo deTor (do 24 de abril ao 20 de xuño de 2018).

Obra de Pablo Ruiz Picasso, Salvador Dalí, Rafael Canogar, Antoni Tápies, Eduardo Chillida, Miquel Berrocal, Miquel Barceló, Jaume Plensa, José Guerrero e José María Sicilia.

Museo Provincial do Mar (do 22 de maio ao 20 de xuño de 2018).

Obra de Pablo Ruiz Picasso, Salvador Dalí, Rafael Canogar, Antoni Tápies, Eduardo Chillida, Miquel Berrocal, Miquel Barceló, Jaume Plensa, José Guerrero e José María Sicilia.

Organiza: Deputación de Lugo
Comisariado: Antonella Montinaro. GACMA
Coordinación Red Museística: Encarna Lago, Xerencia Rede Museística Provincial