Aberta a inscrición en ‘Sons Creativos’, aula de creación musical en Lugo

Febreiro 2019  ‘Sons Creativos’, a aula de creación musical e experimentación sonora que a Área de Cultura da USC no Campus Terra leva impulsando dende hai máis dunha década, xunto co Grupo de Creación Sonora GCSUS, ao abeiro do convenio Lugo Cultural integrado por USC, Concello e Deputación de Lugo, abre o seu período de inscrición a través do enderezo electrónico cultura.lugo@usc.es ou no teléfono 982 821 513.

As actividades darán comezo o xoves 21 de febreiro co obradoiro ‘Aproximacións á practica da música experimental’, impartido por Efraím Díaz. A través de varias obras, descubrirase a historia da música experimental tomando como referencia diversos fitos. Partindo da práctica musical, adaptarase este repertorio dende unha ollada actual para poder recrealo no contexto do obradoiro. Traballarase sobre tres temáticas: de Luigi Russolo a Espacio Permeable e dos Intonarrumori ás esculturas sonoras; música concreta, electroacústica e paisaxe sonora; da aleatoriedade ao minimalismo. O obradoiro continuará o 28 de febreiro e o 7 de marzo.

 

PROGRAMA COMPLETO 

VER – pdf- 

 

sons-creativos-lugo