Outubro 2018 O San Froilán sen barracas, sen recinto feiral…imposible. Este arquivo fotográfico online das nosas festas non estaría completo sen fotos dos barraquistas, das xentes que nos traen a diversión coas súas atraccións e que para moitos deles – según nos comentaban – o San Froilán é a última festa que fan e marchan ás súas casas para voltar a empezar aló por maio. Nas galerías anteriores hai fotos das barracas, do recinto feiral e deles traballando. Esta galería é exclusiva da zona onde viven durante as festas e así, intentar achegar a todo o mundo cómo o fan.

«Viva o San Froilán!»: Fotografía documental e ilustración para crear un arquivo dixital con valor histórico das nosas festas. Un proxecto promovido por Viva Lugo que conta co apoio e financiación do Concello de Lugo, para que así, a través das Festas do San Froilán dar visiblidade aos artistas lucenses e viceversa, dar visibilidade ás festas a través das miradas de artistas lucenses. San Froilán do 4 ao 12 de outubro 2018 en Lugo. Festa de interese turístico galego e festa de interese turístico nacional. 

 Fotos de:   Iván Mouronte,  Belén CorderoMarcos Loopez,  Adra Paixón  e María Viso