Cursos de fotografía no Campus USC – Lugo

Outubro 2018 Un curso máis chega a oferta formativa do Espazo de Fotografía no Campus de Lugo cos seguintes cursos:

Concédense créditos ETCS

1.- Analóxico – matrícula pechada – 

2 – Dixital – matrícula pechada – 

Relator: Fernando Gago

Descrición: A cámara dixital o seu funcionamento e configuración. Non existe nivel, non é só de iniciación, o profesor adaptarase ás competencias do alumnado.

Lugar: Escola de Formación de Profesorado – Datas: martes e xoves, do 30 de outubro ao 20 de decembro – Horario: entre as 19:00 a 21:00 h – Horas: 25 – Prezos: comunidade universitaria: 50 euros / taxa xeral: 100 euros

Contidos: VER PROGRAMA – web USC- 

3.-  Fotografía co móbil – matrícula pechada – 

4.- Divulgación científica e elaboración de material didáctico dende o audiovisual – matrícula pechada – 

Relator: Adrián Vázquez

Descrición: O módulo ten como principal obxectivo coñecer e aprender a manexar ferramentas, metodoloxías de traballo e coñecementos do audiovisual con orientación a producir o seu propio material de divulgación científica (ou doutra rama do coñecemento) e de carácter didáctico.

Datas: todos os venres entre o 26 outubro e o 14 de decembro – Horario: entre as 18 e as 22 h.-  Lugar: Escola de Formación de Profesorado – Prezos: comunidade universitaria: 50 euros / taxa xeral: 100 euros

Contidos: VER PROGRAMA – web USC- 

5.- Taller de introdución á fotografía creativa – matrícula pechada- 

Relatora: Sabela Eiriz

Descrición: Un achegamento á fotografía artística para construír imaxes traballando a partir da súa conceptualización, poñendo en práctica as posibilidades estéticas da linguaxe visual que nos permitan afondar e atopar unha forma de expresión propia.

Prazas: 6 mínimo / 12 máximo Datas: luns do 12 de novembro ao 14 de xaneiro – Horario: entre as 16:30 a 19:30 – Prezos: comunidade universitaria: 50 euros / taxa xeral: 100 euros – Horas: 25

Contidos:  VER PROGRAMA – web USC- 

Cursos de fotografía no Campus USC – Lugo

6.- Fotografía de rúa e social – matrícula aberta – 

Relator: Marcos Loopez Adra Paixón (fotógrafos de Viva Lugo)

Descrición: A forma e o contido do curso axudaralle ao alumno a atopar un estilo propio. Coñecer os fotógrafos/as referentes na fotografía de rúa – steet photo – e a través do visionado dos seus porfolios e de facer fotos «imitando» o seu estilo atopar o propio.  Para iso, os participantes , mediante a alternancia de clases teóricas e sesións fotográficas grupais na rúa, poderán chegar a aprender como é a fotografía de rúa e saír encamiñados hacia a búsqueda do seu estilo persoal. É preciso dispoñer de cámara fotográfica (podería prestarse un par durante as clases ou usar o móvil se ten funcionalidades tipo reflex)

Datas todos os sábados entre os días 2 e 30 de marzo – Horario: entre as 10 ás 14:30 h – Lugar: Casa do Saber – Prazas: 20 – Prezos: comunidade universitaria: 50 euros / taxa xeral: 100 euros

+ info e inscricións: Área de Cultura do Campus de Lugo

Pazo de Montenegro – Praciña da Universidade s/n, 2º andar

Teléfonos: 982 821 510 / 982 821 513

e-mail: cultura.lugo@usc.es

Artigo relacionado: Autobombo, o noso fotógrafo recibe premios en dous certames fotográficos de Lugo