O Concello de Lugo, a través da Concellería de Turismo e Museos, organiza unha programación especial de actividades culturais e divulgativas con motivo do Día Internacional dos Museos, que se celebrará o vindeiro luns 18 de maio.
A iniciativa desenvolverase de maneira simultánea en diferentes espazos da Rede Museística Municipal e da cidade, cun programa pensado para todos os públicos e co obxectivo de achegar á cidadanía o patrimonio histórico, artístico e cultural de Lugo dunha maneira participativa e accesible.
As actividades previstas son as seguintes:
* 16.00 horas | Obradoiro de amuletos: “Circe, Morgana e o herbario galaico-romano”
Sala Porta Miñá
* 17.00 horas | Visita teatralizada “Vive Lugo como en Roma”
Saída desde a Casa dos Mosaicos
* 17.00 horas | “Cruces mitolóxicas: cruces de pedra e mitos”
San Roque
* 18.00 horas | Obradoiro “O taller dos artistas: crea a túa propia obra de arte”
Porta Miñá
* 18.00 horas | Concerto de Traspielas
As persoas interesadas en participar nas actividades poden formalizar a súa inscrición na Oficina Municipal de Turismo ou a través do teléfono 982 25 16 58.
Con esta programación, o Concello de Lugo reafirma o seu compromiso coa dinamización cultural, coa posta en valor do patrimonio municipal e coa promoción dos espazos museísticos como lugares vivos de encontro, aprendizaxe e participación cidadá.