SETEMBRO 2018 A curtametraxe experimental “Inuit”, realizada a partir da performance “Frío: somos inuit?” estreada no Pazo de Tor da Rede Museística e que foi finalista nos premios MálagaCrea, acaba de ser seleccionada no Indian Cine Film Festival de Bombay, deste xeito a súa estrea internacional recaerá no país asiático. Amais próximamente chegará á México dentro do Festival “A Pantalla Abierta” que organiza a Universidade Autónoma do Estado de México, dentro da sección “Jóvenes Creadores”.
A curtametraxe, rodada en Málaga por unha equipa prácticamente galega, está dirixida polo creador lucense Rubén Pérez, que deste xeito aventúrase por primeira vez no eido audiovisual. “Inuit” non é máis que un experimento, vídeo arte, baseada na marxinación de milleiros de persoas que tiveron que cruzar mares e océanos na procura dunha vida mellor. Arredor deste fenómeno a sociedade non responde, quedamos fríos coma os inuits que, por outra parte, tamén sofren a marxinación nunha especie de círculo concéntrico que nos leva a recoñecer o funcionamento escuro desta sociedade (Nós marxinamos e marxínannos). Ante esta barbaridade quedamos conxelados. Afogados. Non hai respostas e as bombas seguen a caer e a humanidade pérdese no Mediterráneo. E ninguén fai nada. Non pasa nada.
O equipo técnico está formado por Javier Padilla (cámara, director de fotografía e montaxe), Jessica Dosil (actriz e directora de localizacións), Manuel Rivera (productor) e Elena Centelles (actriz e xefa de producción).