O xoves 25/02 – 20:00 no Auditorio Gustavo Freire a cita teatral é con «Os nenos da varíola», obra dirixida por Victoria Pérez que conta no elenco con Manu Fernández, Isabel Risco e Xosé Leis e que conta a historia da Real Expedición Filantrópica da Vacina, que en 1803 partiu do porto d´A Coruña con vinte e dous nenos de entre 3 e 9 anos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña.
Estes nenos forman unha cadea humana para levar a vacina, brazo a brazo, en perfectas condicións até América onde se sufría unha forte e mortal epidemia. Foi a primeira vez que se implantou a vacinación como un método de medicina preventiva e grazas eles hoxe a varíola é a única enfermidade erradicada do planeta cunha vacina.
ENTRADAS
A través do portal web www.entradaslugo.es na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Promovida por Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, AGADIC e Xacobeo21