Novembro 2019 Historias reais de violencia de xénero maxistralmente interpretadas por 3 actrices no seu mellor momento: Mela Casal (Fariña, Mareas Vivas…), Sheyla Fariña (Acacias 38, Serramoura…) e Nieves Rodríguez (Pazo de Familia, Vaia Troula, Luar…). Unha obra para maiores de 12 anos pero especialmente recomendada para adolescentes. «Invisibles»: o teatro como arte e ocio, o teatro como arte trasnformadora da sociedade…unha sociedade mellor.
Un espectáculo creado a partir da novela homónima de Montse Fajardo, levou 3 premios nos María Casares de Teatro, poderáse ver o mércores 27/11 – 21:00 no Auditorio Gustavo Freire de Lugo. Entradas – entradaslugo-
Dentro do programa de teatro do Auditorio protagonizado por mulleres galegas.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte