Nesta edición poderase ver a peza Mulïer da Compañía Maduixa-Teatre, un espectáculo en zancos a prol das mulleres galardoada con catro premios nacionais
ABRIL 2018 Non hai mellor forma de rematar abril que bailando. A verdade é que para nos non hai mellor maneira de comenzar, seguir ou rematar algo que bailando, pero o tema é que esta semana é a VII Semana da Danza en Lugo e está chea de espectáculos e propostas máis que atractivas para todos os públicos.
As entradas son de balde ata completar aforo.
PROGRAMA
Luns 23
19:00 Quén ocupa esa cadeira?
Espazo Artístico 10. Palimoco Teatro Danza.
Lugar: Fondo da praza Maior
Mércores 25
17:00 Obradoiro de bailes tradicionales para toda a familia.
Espazo Artístico 10. Bailes tradicionais.
Lugar: Praza Maior.
Xoves 26
20:00 Mostra de Carácter
Mostra de danza de carácter, danza galega e flamenco, interpretadas polo alumnado do Conservatorio de Danza de Lugo
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Venres 27
17:00 Escuela de danza Star Dance. Lugar: Praza Anxo Fernández Gómez
17:00 Espazo Artístico 10. Bailes tradicionais. Lugar: Centro de día para maiores Alalás.
19:00 Victoria Gil Danza & Escena. Lugar: fondo da praza Maior
20:00 Concurso coreográfico
Presentación dos traballos coreográficos sobre María de Ávila, creados polo alumnado do Conservatorio de Danza de Lugo.
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Sábado 28
ATENCIÓN: Debido á previsión do tempo atmosférico para a fin de semana, os dous espectáculos da VII Semana da Danza da mañá do sábado, 28 de abril, trasládanse de hora e ubicación. As definitivas son:
12:00 Nelkenline
ABERTA Á PARTICIPACIÓN de todas as persoas. Ás 10:45 haberá unha «clase» no VelloCárcere para aprender a coreografía, é moi sinxela.
Interpretación de “Nelkenline” de Pina Bausch, a cargo das escolas de danza de Galicia
Lugar: Vello Cárcere
13:15 Mulier – Maduixa Teatre
Espectáculo de danza sobre zancos, premiado con dous Max en 2017, entre outros galardóns. A peza supón unha homenaxe a todas as mulleres que durante séculos de opresión loitaron por manter vivo o seu eu salvaxe, e que reclaman o seu dereito de bailar e correr libremente polas rúas e prazas da nosa sociedade.
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Sábado 28
17:00 Escuela de Danza Gimnasia y Espectáculos Gravitty
Lugar: fondo da praza Maior (no) —-> Debido a la previsión meteorológica: 17:00h en el CENTRO COMERCIAL “AS TERMAS”, en frente a “Zara”.
20:00 Encontro de Centros de Danza
Acto colectivo de conmemoración do Día Internacional da Danza coa participación de diversos centros de ensinanza de danza clásica e contemporánea de Galicia. Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Domingo 29
18:30 Fusión en Danza
Actuación das distintas escolas de danza da cidade de Lugo: Espazo Artístico 10, Gravitty, Mercedes Castro, Star Dance, Escola de Danza Teresa Neri e Victoria Gil. Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
PRESENTACIÓN
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre xunto a Directora do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, Isabel Méndez e a Vicedirectora do centro, Cristina Lata, presentaron este martes, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a programación da VII Semana da Danza
Carmen Basadre sinalou que “para nós é un orgullo achegar á cidade de Lugo espectáculos de calidade para que todas e todos os lucenses poidan gozar, de primeira man, da arte da danza, amosando, deste xeito, o traballo que durante todo o ano se realiza dende o Conservatorio Profesional de Danza de Lugo ou as diferentes escolas de Lugo e Galicia”.
Nesta liña, Isabel Méndez agradeceu ao Concello a posibilidade de organizar este evento artístico un ano máis no que se inclúen actividades de baile de todo tipo, “é o caso da representación da Nelkenline de Pina Bauch, onde calquera persoa amante da danza, pode aprender a coreografía e participar na representación na Praza de Santa María o sábado 28 de abril”.