Un brindis polo Festival de Teatro Universitario de Lugo, que unha edición máis ofreceu teatro e actividades paralelas de calidade, axudando así á formación escénica e vital de actrices e actores, como dixo a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da USC, Montserrat Valcárcel, “…os responsables e coordinadores da Aula de Teatro da USC en Lugo e Santiago son os piares do teatro universitario do país”, abundou , para logo facer un símil entre o teatro e a esencia universitaria, ao afirmar que “a actividade teatral tamén se asenta sobre tres eixes, como o son formación, investigación e transferencia”

O «fin de festa» foi o concerto de Verto – auditorio cheo e entregado ao grupo revelación galego-  precedido dunha breve sesión das marionetas elaboradas no taller impartido por Marga Portomeñe.

Fotografías da obra «A Emperadora» do gurpo de Teatro da USC Lugo dirixido por Carmen Conde. Marionetas de Marga Portomeñe. Concerto de Verto: