Abril 2019 Despois do éxito acadado por O meu veciño Totoro, en Codex Cinema chega unha nova cinta de animación do xenial Ghibli Studio, onde o gran Hayao Miyazaki fixo todos os seus filmes maxistrais. 

Nesta ocasión, chega a obra que lle deu o recoñecemento internacional definitivo: A viaxe de Chihiro. 

Se ata este momento, o mestre era considerado un autor de culto e un produto de minorías fora da súa terra, con esta gran  superprodución de animación triunfou no mundo enteiro, tanto nas billeteiras (aínda hoxe é o filme máis visto da historia en Xapón, por enriba de Titanic, Avatar ou os filmes de Marvel e Star Wars) como nas institucións da crítica e dos premios.

 Levou o Oso de Ouro no Festival de Berlín, un dos catro certames cinematográficos máis importantes do mundo, e o Óscar de Hollywood á Mellor filme de animación, sendo ata o momento a única película non estadounidense en facerse con este premio.

Nesta aparentemente sinxela historia sobre unha nena que ten que embarcarse nunha aventura extraordinaria para salvar aos seus país, Miyazaki mostrou toda a súa arte no debuxo, na transmisión dos xestos máis íntimos e fermosos, e tamén quixo homenaxear a todos os seus referentes: Hans Christian Andersen, os irmáns Grimm, Ursula K. Le Guin ou Lewis Carroll. Todos estes autores e os seus mundos fantásticos aparecen de forma sinxela e natural na pantalla, sen que nunca parezan engadidos nin alleos á historia que se conta. 

Todo grazas ao talento de Miyazaki, unha personalidade á altura deses mestres da fábula. O filme chega a partir do martes e programarase tanto en versión dobrada como coas voces xaponesas orixinais.

A xenial "A viaxe de Chihiro" nos Codex Cinema

Chihiro é unha nena de dez anos que viaxa en coche cos seus pais. Despois de atravesar un túnel, chegan a un mundo fantástico no que non hai lugar para os seres humanos, só para os deuses de primeira e de segunda clase. Cando descobre que os seus pais foron convertidos en porcos, Chihiro síntese soa e ameazada.

HORARIOS
MARTES 16: 17:30H. SALA 2 [DOBRADA]
MÉRCORES 17: 21:15H. SALA 1 [VOSE]