A Semana de Cine de Lugo celébrase nesta cidade desde 1979, promovida polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, co apoio da Deputación Provincial de Lugo, Concello de Lugo e Xunta de Galicia, e a colaboración da Universidade de Compostela-Campus de Lugo.
Con esta convocatoria ábrese oficialmente o prazo de presentación de películas (Longametraxes e Curtametraxes) para conformar a programación oficial da Semana (do 19 ao 24 do mes de setembro). A presentación de películas poderá efectuarse ata o 2 de maio do presente ano.
Poderán presentarse películas producidas entre 2020 e 2022, inclusive, e non poderán exhibirse nin editarse comercialmente en España en salas públicas (agás en festivais), televisión, VoD ou webs antes do 19 de setembro próximo.
As películas presentadas optarán aos seguintes galardóns:
– Mellor Película da Sección Oficial (Premio do Público): 3.000 euros.
– Premio do Xurado “Muralla de Lugo” para a Mellor Película do Cinema das Nacionalidades: 1.500 euros. Premio do Xurado á Mellor Película Documental: 500 euros.
– Premio do Público á Mellor Película Galega: 500 euros. Premio do Público á Mellor Curtametraxe: 500 euros.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte