Novembro 2019 Chega un novo ciclo á sede de Afundación en Lugo: de cine infantil con películas incríbles como «El viaje de Chihiro»
PROGRAMACIÓN
Entrada de balda ata encher capacidade. As invitacións poderán retirarse na Sala de Exposicións da Sede Afundación de Lugo (de 18:00 a 21:00 h). Máximo 2 por persoa.
Sábado 9 de novembro. 12.00h – La canción del mar.
Sábado 16 de novembro. 12.00h – El secreto del libro de Kells.
Sábado 23 de novembro. 12.00h – La tortuga roja.
Sábado 30 de novembro. 12.00h – El viaje de Chihiro.
Sábado 14 de decembro. 12.00h – Arthur Christmas.
ONDE: Sede Afundación Lugo – Praza Maior, 16 / Praza Santa María, s/n. Lugo (Lugo)
DATAS: Do 9 de novembro ao 14 de decembro.
HORARIO: Inicio de proxeccións 12.00h
ENTRADA: Gratuíta
OS FILMES
A canción do mar (Tomm Moore, 2014) é a historia da viaxe a casa do último Neno Foca. Despois da desaparición da súa nai, Ben e Saoirse son enviados a vivir coa súa avoa á cidade. Cando deciden volver á súa casa xunto ao mar, o seu camiño convértese nunha carreira en contra do tempo a medida que se internan nun mundo que Ben só coñece a través das lendas que lle narraba a súa nai. Proxectarase mañá sábado 9 de novembro, ás 12.00 h.
O secreto do libro de Kells (Tomm Moore e Nora Twomey, 2009). Brendan é un monxe de 12 anos que vive na remota abadía fortificada de Kells, na Irlanda do século XI. Xunto cos outros irmáns axuda a construír unha muralla para resistir os asaltos dos viquingos. Unha nova vida de aventuras preséntase diante del cando coñece a un famoso mestre que chega de terras estranxeiras, coidando dun antigo libro máxico inacabado. Coa esperanza de rematalo, Brendan sairá da abadía por primeira vez e internarase no perigoso bosque, habitado por todo tipo de criaturas. Poderase ver o sábado 16 de novembro, ás 12.00 h.
A tartaruga vermella (Michael Dudok de Wil, 2016). Proxectarase o sábado 23 de novembro, a partir das 12.00 h. Historia muda sobre un náufrago nunha illa tropical deserta, poboada de tartarugas, cangrexos e aves. A película conta as grandes etapas da vida dun ser humano.
A viaxe de Chihiro (Hayao Miyazaki, 2001). Chihiro é unha nena de 10 anos que viaxa en coche cos seus pais. Despois de atravesar un túnel, chegan a un mundo fantástico, no que non hai lugar para os seres humanos, só para os deuses de primeira e segunda clase. Cando descobre que os seus pais foron convertidos en porcos, Chihiro séntese moi soa e asustada. Proxectarase o sábado 30 de novembro ás 12.00 h.
Arthur Christmas: Operación Regalo (Sarah Smith e Barry Cook, 2011). Santa Claus cre que o seu reinado está a chegar ao seu fin e que se achega xa a hora de xubilarse. Confía en que o seu fillo Steven, que é moi eficiente e responsable, aínda que non moi alegre, estea preparado para tomar a substitución inmediatamente. Con todo, nese Nadal xorde un problema: un dos 600 millóns de nenos aos que había que visitar queda sen o seu agasallo. Este filme pechará o ciclo o sábado 14 de decembro a partir das 12.00 h.