ACTUALIZACIÓN IMPORTANTE: «Ante os problemas técnicos que presenta proxectar cine no Salón de Actos da Deputación Provincial, O Club Cultural Valle-Inclán acorda programar as dúas películas que restan do ciclo “Tres directoras cine documental” na Sala da Casa do Saber, Vicerreitorado. A diferencia de aforo entre salas obriga a facer dous pases de cada un dos títulos se queremos atender aos anotados ata o día de hoxe. Días 14 e 17 de xuño: Las cinéphilas, de María Álvarez. Previamente recuperaranse os 20 últimos minutos da Honeyland que foi imposible ver o luns, día 7 de xuño.  Días 21 e 22 de xuño: El amor y la muerte. Historia de Enrique Granados, de Arantxa Aguirre.  Celebramos o Día Europeo da Música. Sesión de 19:30 horas. Aforo limitado. Para asistir é preciso solicitalo en clubvalleinclan@hotmail.com indicando nome, apelidos e DNI»

O Club Cultural Valle-Inclán programa o ciclo de cine ”Tres directoras cine documental”. Desenvolverase no mes de xuño de acordo co seguinte programa: 

* Día 7: Honeyland, de Tamara Kotevska, Macedonia do Norte, 2019. VOSE. 

* Día 14: Las cinéphilas, de María Álvarez, Arxentina, 2017. VOE. 

* Día 21: El amor y la muerte. Historia de Enrique Granados, de Arantxa Aguirre, España, 2018. VOE. Con este filme celebraremos o” Día europeo da música”. 

Proxeccións no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial. Sesión de 19:30 horas. 

Aforo limitado. É preciso reservar entrada no correo clubvalleinclan@hotmail.com no que conste nome, apelidos e DNI.