Codex Cinema estrea unha conmovedora historia sobre o autismo

A relación fraternal entre un pai e o seu fillo autista é o motor principal de Sempre contigo que estréase este venres 27 en Codex Cinema. Esta coprodución entre Israel e Italia presentouse na pasada Seminci de Valladolid onde gañou o premio a mellor actor para Shai Avivi, que interpreta de
forma memorable a un pai que sacrifica todo polo benestar do seu fillo con autismo, tentando que leve unha vida o máis normal posible, dominada polo amor profundo que existe entre os dous.

A medio camiño entre o melodrama e o filme de aventuras, o director Nir Bergman crea unha alegación de enorme compromiso de todas as familias que teñen que sobrevivir en sociedades que dan as costas a todas as persoas que teñen trastornos de espectro autista. A sensibilidade, o amor e o
encanto que move a esta película, a enorme humanidade, consegue que vexamos esta doenza non tanto como unha enfermidade ou algo a erradicar, senón un aspecto da personalidade de moitas persoas que temos que comprender e respectar.

O cineasta é recoñecido no seu país pola serie de televisión En terapia (posteriormente adaptada con gran éxito pola HBO para o público estadounidense), un produto que a partir de situacións cómicas entre médicos e pacientes conseguía facer unha aguda análise dos problemas da sociedade israelí. En Sempre contigo, Bergman volve a conseguir facer tanto un filme emocionante, conxugando risas e bágoas, ao tempo que mostrar as deficiencias da nosa sociedade e o longo camiño que nos queda por facer para a inclusión de todos os cidadáns na vida diaria dos países occidentais.

Sempre contigo será a protagonista desta nova semana de Codex Cinema xunto ao éxito de crítica e público de Annete, o filme de Leos Carax protagonizado por Adam Driver e Marion Cotillard que estreou a semana pasada en España e conseguiu grandes rexistros de asistencia. A película era unha das grandes agardadas da tempada de festivais, polo seu reparto, pola música da banda Sparks e pola enigmática figura do seu cineasta, Leos Carax.

Tanto Annette como Sempre contigo estarán esta semana nas pantallas de Codex Cinema e se poden mercar as entradas para todas as sesións no
portal de ReservaEntradas: https://www.reservaentradas.com/cine/lugo/codexcinema/