Autocine de Lugo

O público falou e escolleu as seguintes películas para ver no autocine de Lugo a fin de semana do 13 de novembro: «E.T» e «A praia dos afogados» o venres 13 e «Pérez 2» xunto a «Pulp Fiction» o sábado 14 no aparcadoiro do pazo provincial dos deportes. En Sarria as películas a ver o domingo 15 son: «The Goonies» e «Gran Torino»

Hai que ter en conta que para acceder ao recinto é obrigatorio ir en automóbil, non estará permitido outro método de acceso, tampouco se permitirá sair do automóbil. Por mor das restriccións sanitarias, os asistentes no mesmo vehículo, deberán ser conviventes, non se permitirá o acceso ao recinto a persoas non convivinte no mesmo vehículo.

As películas proxectaranse nunha pantalla led de 24 metros cadrados de superficie visible. O son transmitirase por FM, polo que se poderá escoitar a través dos altofalantes ou do equipo de cada vehículo.

Entradas de balde no seguinte link