O ciclo de cinema do Club Cultural Valle-Inclán está de volta este mes de outubro. Comezará o mércores 7, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber, coa proxección do filme ‘Not Wanted’, unha creación
melodramática dirixida por Ida Lupino.

A nova edición do ciclo proxeccións culturais promovidas polo Club Cultural Valle-Inclán en colaboración co CGAI e a USC terán continuidade ao longo de todos os mércores do mes de outubro. Así, o mércores día 14 proxectarase ‘Os fillos da vide’, un documental de Ana Domínguez no que se aborda os ciclos da vida e das estacións, os viñedos, a vendima e o viño.

O auditorio da Casa do Saber acollerá o mércores 21 de outubro, a produción audiovisual ‘El bígamo’, un peza dirixida tamén por Ida Lupino, que tamén é protagonista deste drama xunto con Joan Fontaine.

A proxección de ‘Curtas de Alice Guy-Blaché 1911-1919, servirá de colofón deste ciclo o 28 de outubro.

A asistencias ás proxeccións culturais do Club Valle-Inclán e libre e de balde para todas as persoas interesadas, que deberán solicitar, a partir do venres anterior a cada sesión, o correspondente convite a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.es .

ciclo de cinema do Club Cultural Valle-Inclán