Xullo 2019 Difícil destacar unha película entre todas as da grella dos Codex Cinema. Difícil porque a cuidada selección da programación destes cines lucenses fae posible que teñamos unha oferta cinematográfica na cidade de calidade suprema.
Esta semana imos decatarnos por destacar unha das grandes triunfadoras en Sundance: «Un atardecer na Toscana» triunfou no mítico festival polo seu estilo desenfadado e a súa fina ironía contra as conviccións da nosa sociedade.
Estamos ante un filme que pese a ser unha comedia onde as paisaxes e as personaxes estrafalarias dominan a situación, ten a capacidade para falar do noso presente, da crise dos refuxiados e das diferencias entre Occidente e Oriente, mais tamén das rupturas xeracionais entre unha protagonista que se criou na Europa liberal e contestataria dos anos noventa e o seu amante exipcio que nada sabe deses acontecementos.
Jacek Borcuch, o responsable do filme consegue una cinta ecléctica e orprendente, que fala do noso tempo e da nosa sociedade de forma crítica sen renunciar aos risos. Desenfadada e tráxica ao mesmo tempo, o filme está sendo un dos fenómenos do cinema europeo desta tempada.