7.1 C
Lugo
Vie, 26 Abr 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Cine – Adopción

31 de mayo, 2023 - 19:30

Cine – Adopción
Ciclo Sesións de Filmoteca. Retrospectiva de Márta Mészáros
Data de proxección Mér, 31/05/2023 – 19:30
Lugar de proxección Sala da Actos da Casa do Saber
Director Márta Mészáros
Pais Hungría
Ano da produción 1975
Xénero Drama – Adopción
Duración 89
Intérpretes
Flora Kadar, Gyöngyvér Vigh, Istvan Szoke, Janos Boross, Kati Berek, Laszlo Szabo, Peter Fried
Sinopse

Kata, viúva, está entrando nos corenta sen fillos. O seu amante, casado, non desexa telos con ela. De maneira fortuíta entra na súa vida unha moza escapada dun orfanato que lle pide refuxiarse na súa casa. Inicialmente reticente, Kata acóllea e comeza a encariñarse con ela. Axúdaa a deixar a institución e a casar cun rapaz ao que ama. Ademais, a relación entre ambas mulleres esperta en Kata a determinación para cambiar o que non lle gusta da súa situación vital.

A visión inédita de Mészáros das relacións extramaritais, a maternidade  ou o choque interxeracional convulsionou o cinema da Europa do Leste e  abriulle as portas ao éxito internacional. O filme gañou o Oso de Ouro na Berlinale e estivo nomeado al Oscar. A fita inicia unha nova etapa de madurez na realizadora, movéndose as súas historias sobre mozas rebeldes cara outro conxunto de filmes máis centrados nas problemáticas das mulleres de mediana idade. Ademais, resulta un compendio moi preciso de todas as súas inquietudes e mostra un asentado dominio formal. Con razón está considerada a súa obra mestra.

Premios

1975: Festival Internacional de Cine de Berlín Oso de Ouro á Mellor Película.

Detalles

Fecha:
31 de mayo, 2023
Hora:
19:30
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
+ Google Map