Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Cine «Deuses de Pedra»

11 de marzo - 19:30
Cine «Deuses de Pedra» (VGSE)
Mér, 11/03/2026 – 19:30
Salón de Actos da Casa do Saber

Unha vez iniciada a proxección non se permitirá o acceso á sala. Entrada libre para socios do club e comunidade universitaria, resto do público cota proporcional de socio, 2€.

Ciclo Sesións de Filmoteca marzo 2026
Director: Iván Castiñeiras
España, Francia, Portugal
2025
Documental. Drama | Infancia. Vida rural. Adolescencia
85 min
Produción: Amateurfilms, Primeira Idade, Promenons-Nous Dans Les Bois, Rua Escura
Director de Fotografía: Iván Castiñeiras, Jorge Quintela, Alberto D. Centeno
Montaxe: Antonio Trullen Funcia
Guión: Iván Castiñeiras
Intérpretes: Cinda Freitas, Mariana Freitas Tavares, Jaime Freitas Tavares, Manel Freitas Tavares, Pedro Freitas Tavares, Ricardo Freitas, Humberto Tavares
Sinopse

Iván Castiñeiras regresa ao fogar da súa infancia para profundar nas lendas e historias dos arredores. Rodada ao longo de 15 anos, Deuses de Pedra traza coidadosas liñas entre o pasado e o presente, retratando unha terra fermosa e as belas almas de quen a habita.

Que é unha fronteira? Máis aló dos moitos usos e abusos desta palabra na nosa vida cotiá, unha fronteira créana as persoas que a habitan. Este sinxelo principio é a base da maxistral ópera prima de Iván Castiñeiras: Deuses de Pedra.

Narrada como unha odisea que vai e vén no tempo, a película atópase coa poboación que vive ao redor da fronteira máis antiga de Europa: a que divide España e Portugal. Desde contrabandistas ata reis, desde nenos ata pastores, esta terra de impresionante beleza convértese no escenario onde a historia se repite. Abordando algunhas das cuestións cruciais que interesan a moitos espazos periféricos de Europa, como a minería e a emigración, Deuses de Pedra mostra os efectos de decisións políticas afastadas na vida cotiá da xente común.

A película de Castiñeiras é unha verdadeira xoia, unha oda a un pobo ausente da cultura dominante, que nos conta historias de resistencia e amor, de loitas políticas e exilio, nun ciclo de vida sen fin no que as loitas cambian de forma pero seguen sendo idénticas na súa esencia. Divertida, poética e conmovedora, rodada nun sublime 16 mm, Deuses de Pedra transcende a etnografía e utiliza o cinema para buscar e atopar a alma das persoas que retrata. (Rebecca De Pas, Rotterdam)

Premios

Documenta Madrid 2025: Premio do Xurado á Mellor Película Nacional. Premio Xurado Novo CineZeta

Play-Doc 2025: Premio na competición galega

ECAM Forum 2024: Premio Comunidade de Madrid.

Programa para marzo de 2026

* Día 18L’enfance nue, de Maurice Pialat. Francia, 1968

* Día 25À nos amours: de Maurice Pialat. Francia, 1983 – 102 min

Detalles

  • Fecha: 11 de marzo
  • Hora:
    19:30
  • Categoría del Evento:

Local

  • Casa do Saber
  • Praza Pío XII, 3
    Lugo, Lugo 27001
    + Google Map