8.8 C
Lugo
Vie, 26 Abr 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Codex Cinema do 11 de maio en adiante

11 de mayo, 2023 - 14 de mayo, 2023

Codex Cinema do 11 de maio en adiante

Esta semana estréanse nos Codex Cinema a produción chilena “Blanquita” do director Fernando Guzzoni.

“Blanquita” é un drama que mestura elementos de xénero, a vaidade, a manipulación e a explotación.

Sinopse: Blanquita, unha moza de 18 anos que vive nunha casa de acollida, é a testemuña clave dun escándalo no cal están implicados nenos, políticos e homes ricos que participan en festas sexuais . Porén, cantas máis preguntas se fan, menos claro queda cal é o papel de Blanquita no escándalo.

A outra estrea da semana é o filme «A quietude na tormenta» de Alberto Gastesi.

Unha película rodada en San Sebastián, fotoxénica que tamén ten algo de retrato
xeracional. Un retrato dunha cidade, Donostia, unha xeración e dous idiomas que se poden escoitar nas súas rúas.

Sinopse: Laura e Daniel coñecéranse un día de tormenta da que pouco queda. Entón eran mozos e apaixonados, o futuro parecía un país afastado cheo de oportunidades.

Anos despois, os seus camiños volven cruzarse, outra tormenta, a mesma cidade,  pero xa non son os mesmos, as circunstancias son outras …

Detalles

Comienza:
11 de mayo, 2023
Finaliza:
14 de mayo, 2023
Categoría del Evento:

Local

Codex Cinema
Plaza Viana do Castelo nº4
Lugo, Lugo 27003
+ Google Map
Ver la web del Local