20 C
Lugo
Sáb, 23 Sep 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Codex Cinema xoves 15 xuño en adiante

15 de junio - 18 de junio

Codex Cinema xoves 15 xuño en adiante

Os Codex Cinema estrean esta semana os filmes “A hundred flowers” e “Eismayer

“A HUNDRED FLOWERS” filme xaponés do director Genki Kawamura, un drama sensible que trata o alzhéimer con exquisita sensibilidade.

Pura emoción para contar unha historia dunha nai con escenas de gran beleza.

Sinopse: A mente de Yuriko comeza a deteriorarse rapidamente, padece demencia. Porén, para o seu fillo Izumi, os recordos da súa nai seguen tan claros como cando viviu a experiencia que os orixinou. O recordo dunha vivencia perségueo e atorméntao especialmente: cando pensou que ela desaparecera.

“EISMAYER” película austríaca do director David Wagner. Conta a historia dun gran amor gay, nun cuartel militar.

Baseada en feitos reais, o cineasta coñecedor da historia e das anécdotas deste suboficial do exército desenrola este proxecto ao longo de oito anos e da como resultado este filme titulado “EISMAYER” que plasma a vida deste oficial.

Unha historia valente, arrepiante, cunha excelente dirección de fotografía.

Sinopse: Baseada en feitos reais, conta a historia do segundo tenente Eismayer: é o instrutor máis temido e o macho máis modélico do exército austríaco pero  leva unha vida gay secreta. Cando se namora dun mozo soldado abertamente gay, o seu mundo ponse patas enriba.

Detalles

Comienza:
15 de junio
Finaliza:
18 de junio
Categoría del Evento:

Local

Codex Cinema
Plaza Viana do Castelo nº4
Lugo, Lugo 27003
+ Google Map
Ver la web Local