19.3 C
Lugo
Sáb, 27 Jul 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concentración polo cesamento do fogo en Gaza

23 de noviembre, 2023 - 20:00

Concentración polo cesamento do fogo en Gaza
Ante a catástrofe humanitaria que estase a producir na Franxa de Gaza, o grupo de Lugo de Amnistía Internacional convoca unha concentración silenciosa que se desenvolverá entre as 20h e as 20,30h do vindeiro xoves 23 de novembro na Praza Maior de Lugo, fronte á Casa do Concello, baixo o lema Cesamento do fogo xa! esixindo:

• O cesamento do fogo inmediato, acatado por todas as partes, co fin de terminar co derramamento de sangue de civís e garantir o acceso da axuda humanitaria a Gaza.

• A revogación das ordes de evacuación e o fin dos ataques de Israel contra hospitais e infraestruturas civís.
• Un embargo de armas integral a todas as partes do conflito, e a suspensión da exportación de armas españolas a Israel.
• A liberación inmediata e incondicional de todas as persoas civís tomadas como reféns por Hamás e outros grupos armados palestinos.
• O fin dos ataques de Hamás e outros  grupos palestinos contra civís.
• O fin do bloqueo ilegal que Israel vén impoñendo en Gaza desde hai 16 anos.
• O fin dos ataques ilexítimos de Israel.
• Ao goberno dos Estados Unidos que utilice o seu poder de influencia sobre Israel en favor do cesamento do fogo inmediato en Gaza.
Desde Amnistía Internacional tamén facemos fincapé no feito de que se non se abordan as causas profundas destes ciclos de violencia, como a arraigada impunidade dos crimes de guerra e o sistema israelí de opresión e dominación sobre a sociedade palestina, que constitúe o crime de apartheid, a poboación civil seguirá a pagar un alto prezo.

Detalles

Fecha:
23 de noviembre, 2023
Hora:
20:00
Categoría del Evento: