7.6 C
Lugo
Vie, 26 Abr 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto de Sunflowers

27 de abril, 2023 - 23:00

Concerto de Sunflowers

V ANIVERSARIO de Tele Clube Lugo

O xoves 27 de Abril as 23:00 h no Club Clavicémbalo dende Porto: Sunflowers (punk-psicodélico).
Desde o seu debut en 2014 cun EP homónimo, garanten directos vibrantes de enerxía contaxiosa como os que xa pasearon por festivais como Festival Indigènes (FR), Endless Daze Fest (SA), Inner City Psych Fest (SA), Bristol Psych Fest (UK), Festival Europavox (FR), Festival Super Bock Super Rock (PT) ou NOS Alive (PT), onde compartiron palco con bandas como Oh Sees, Moon Duo, Black Lips, Night Beats, Boogarins e La Femme.
Logo doutro EP e de catro discos máis, os portugueses participarán na celebración do 5º aniversario de Tele-Clube Lugo en plena xira de presentación da súa quinta entrega, «A Strange Feeling of Existential Angst (2023)», unha colección de cancións nerviosas, sinistras e confusas que constitúen unha expresión catártica sobre un estado de ánimo que atravesa baladas etéreas, sintetizadores acedos e ritmos disco. En consecuencia, o son do trío vira, nesta ocasión, máis complexo e experimental que en formatos anteriores.
Entradas en Entradium (12 eur. anticipada e 14 eur. billeteira).

Detalles

Fecha:
27 de abril, 2023
Hora:
23:00
Categoría del Evento:

Local

Club Clavicémbalo
Rúa dos Paxariños, 23
Lugo, Lugo 27002 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 24 32 70
Ver la web del Local