8.5 C
Lugo
Dom, 5 May 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Espectáculo Brinca Vai! de Paco Nogueiras

11 de julio, 2023 - 19:30

Espectáculo Brinca Vai! de Paco Nogueiras

O paseo fluvial do Miño acollerá este martes, ás 19:30 horas, o espectáculo Brinca Vai! de Paco Nogueiras.

A actividade, baseada no libro que leva o mesmo nome, combina cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos aos que Paco Nogueiras xa ten acostumado ao público.

Da man da súa querida ‘Máquina’, o actor ofrecerá unha divertida viaxe chea de humor, baile e música na que as alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía e as festas do ano como o magosto, o samaín, o entroido ou o nadal, así como o respecto á lingua galega, serán parte do equipaxe.

Toda a información, así como do resto da programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico pode consultarse a través da páxina web www.lugocapitaldacultura.com, onde se atopan actualizados os horarios, ubicacións e datas das diferentes iniciativas que terán lugar ao longo do ano na cidade amurallada.

Detalles

Fecha:
11 de julio, 2023
Hora:
19:30
Categoría del Evento: