7.1 C
Lugo
Vie, 3 May 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Natalicio – Acto de partida do Arde Lucus

10 de junio, 2023 - 20:30

Natalicio – Acto de partida do Arde Lucus

Este sábado arrinca a conta atrás para a celebración do XXII Arde Lvcus.

O Natalicio dies natalis MMXXIII terá lugar este sábado na Praza de Santa María, dende as 20:30 horas.

Alí, o Orfeón Xoan Montes e a Coral Ecos do Miño interpretarán o Himno Calendis, propio desta cerimonia, creado por José María Núñez

Ademais as asociacións Salesiani, Asemblearias e o Senado escenificarán as obras de teatro ‘Un día educando na Antiga Roma’, ‘Rito á Deusa Carmenta’ e ‘Conxura Senatorial’, respectivamente.

De novo o Senado pero tamén a Cohors, Ara Romana e Lucus Equites porán o contexto histórico con narracións sobrea fundación da cidade e o Iubilator, ademais de realizar unha ofrenda aos deuses. E todo o relato estará aderazo coa música de Abrahám Cupeiro, que exercerá de fío condutor.

Un desfile polo centro da cidade conducirá ás persoas asistentes até a Mosqueira onde está prevista unha ofrenda floral e a instalación dun panel informativo que irá sinalando os días que faltan ata alcanzar o inicio das celebracións e, xa para rematar, as asociacións regresarán á Praza Maior percorrendo a rúa San Pedro.

Todo o acto será retransmitido en streaming dende a páxina web oficial das festas www.ardelucus.com

Detalles

Fecha:
10 de junio, 2023
Hora:
20:30
Categoría del Evento: