10.4 C
Lugo
Vie, 26 Abr 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Pequeno cabaret infantil

25 de mayo, 2023 - 18:00

Pequeno cabaret infantil
NELSON QUINTEIRO

Idades: a partir de 5 anos.

  • xoves, 25 de maio de 2023 18:00 hs.

Lugar: MIHL, Museo Interactivo da Historia de Lugo (se o tempo o permite será nos xardíns do MIHL).

Un orixinal espectáculo para nenos e nenas de todas as idades que consiste en a instalación dun vistoso teatrillo na túa rúa, praza ou teatro, a modo de unha barraca de feira ou de circo antigo e no que o mestre de cerimonias «Pedrito Mendrugo» e a súa pulga «Jacinta Florette» farán as delicias dos máis pequenos e tamén dos máis creciditos transformando algúns contos populares desde un punto de vista moito máis cómico e actual.

Un espectáculo que saca o máximo partido ao cabaret e aproveita o colorido do xénero, o seu ritmo e carácter desenfadado e a súa alegre música creando unha atmósfera suxerente e moi envolvente e na que abordamos os contos de toda a vida.

Un espectáculo con un ritmo frenético, moita interacción co público, sorpresas, cancións, coreografías e un carácter moi tenro e entrañable, co engado dunha escenografía moi especial con ilustracións da artista Cristina Veira.
Datos de interese

Un espectáculo que vén avalado por máis de cen funcións e citas tan prestixiosas como o Festival Portamérica (estrea), Feira Modernista de Sada, Festival Interritmos (Asociación DELOA-Fundación Paideia), Rilla na Rúa, Festival Galego de Cabaré de Redondela, Feira do Vento de Lalín, Feira de Oficios de Cambados, Pequeno Circo de Nadal Rianxo, Pequeno Circo de Entroido A Coruña, Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas do Morrazo, Festival TRAN TRAN de Paiasos de Fuerteventura, Festival NOSOLOCIRCO 2018 de Circo Contemporáneo de Extremadura, Día Internacional contra o Bullying en Iruña de Oca (Álava), Feira Modernista de Cartagena, etc…

ENTRADA GRATUÍTA EN entradaslugo.es

Detalles

Fecha:
25 de mayo, 2023
Hora:
18:00
Categoría del Evento:

Local

MIHL
Av Infanta Elena, s/n
Lugo,
+ Google Map
Teléfono
982 29 74 46