Presentación do poemario “A outra patria”

O martes 27 de xaneiro, ás 18.00h, Simón Rodríguez (@galegodecaracas en Instagram) presentará o seu poemario “A outra patria” na biblioteca da EIO Lugo.
Publicado por Medulia Editorial despois de recibir o Premio Poesía O Facho 2023.
Estará acompañado do tamén poeta Roberto López Veiga.
Simón Rodríguez estudou galego na EOI de Lugo, e actualmente é alumno de inglés.
Colabora activamente co EDLG como recitador, no marco das actividades que se están realizando en colaboración cos conservatorios de música e danza, dentro do proxecto de innovación en dinamización lingüística Música e poesía en movemento: sentindo a lingua.





























