A directora dos estudos do grao en Infantil no campus de Manresa da Universidade de Vic e directora do Lab 06, tal e como se denomina o centro de Educación Científica na Primeira Infancia pioneiro en España, Montserrat Pedreira, ofrecerá este xoves 11 de abril, a partir das 17.30 horas, na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC, o relatorio ‘O lugar da ciencia na primeira infancia. Construír o coñecemento científico en libre elección’.
A sesión, promovida pola profesora da USC e responsable do Laboratorio de Educación
Infantil de Formación do Profesorado, Lina Iglesias, co apoio do centro e do Campus
Terra, pretende achegar o alumnado a posibilidade de ampliar os seus coñecementos en
relación cos ambientes de aprendizaxe en libre elección.
O relatorio que ofrecerá Montserrat Pedreira, unha investigadora de referencia en
España no tema da ciencia na etapa infantil, está tamén aberto á participación de
mestres e mestras de escolas infantís, así como ao profesorado que colabora no
Prácticum e tamén a estudantado dos ciclos de Educadores de Infancia.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte