
«Rosalía en Camiño» accións poéticas
Sábado 3 de xuño – Lugo
12.00. Recital no Panóptico do Vello Cárcere con Jesús Castro Yáñez, Antía Otero, Luís Pérez Alonso, Miriam Reyes, Sara Plaza e Xuan Bello.
17.00. Visita guiada polo Lugo literario da man da poeta Nieves Neira Roca
- XUAN BELLO é un dos escritores máis destacados da literatura en lingua asturiana. Entre a súa obra narrativa destacamos Hestoria universal de Paniceiros (2002) pola que recibiu o premio Ramón Gómez de la Serna. Desde o galego verqueu ao asturiano Escuela de melecineros y fábula de varia xente de Álvaro Cunqueiro e Coses de Castelao.
- SARA PLAZA (Madrid). En 2021 publicou o seu primeiro poemario, todos os pasos fan ruído (Premio Nacional de Poesía “Xosemaría Pérez Parallé”), e no 2023 participa na obra colectiva Lupercais [Unha antoloxía posible].
- MIRIAM REYES. Co seu segundo poemario Bella durmiente foi finalista do premio Hiperion. Presentou os seus video-recitais en festivais de poesía, spoken word e artes escénicas.
- LUÍS LÓPEZ ALONSO: Como poeta publicou Presal (Xerais e UVigo, 2019) e Salífero (Urutau, 2020), ademais da peza efémera multidisciplinar Salífero opus #, baseada neste último poemario e creada en colaboración co artista visual Rafael Mallo.
- ANTÍA OTERO: Editora en Apiario, como poeta gañou o VII Certamen Francisco Añón co poemario “De porta un Horizonte” e publicou os poemarios individuais “O Son da Xordeira”, “(Retro)visor” e “O cuarto das abellas”. No 2022 ve a luz o seu último poemario “Barroco”. Os seus textos foron musicados por bandas como Chicharrón, fanny & alexander, Xose Manuel Budiño e Guadi Galego.
- JESÚS CASTRO YÁÑEZ é autor dos libros Os nomes e os himnos (Espiral Maior, 2016) e Ultramarino (Chan da Pólvora, 2017). Como tradutor editou a antoloxía de poesía LGBT+ Campo de plumas, primeira antoloxía en galego con ese enfoque.