Manekineko
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Idade recomendada: A partir dos 16 anos.
Sinopse:
Catro persoas de idades, xéneros, crenzas e realidades socioeconómicas moi diferentes, coinciden sempre no mesmo karaoke. Madrugada tras madrugada, as cancións e o alcohol mestúranse cos medos e cos problemas que os levan a refuxiarse neste lugar, onde constrúen os seus propios paraísos artificiais.
Nestas noites de festa hai música, pero tamén silencio; miradas cómplices e mal intencionadas; luces de cores que iluminan o escenario e sombras trala porta do baño; copas escachadas contra o chan e brindes até o amencer; corpos suorentos, tristes e cansos que procuran outros corpos igual de suorentos, tristes e cansos; tarxetas de crédito co saldo esgotado; maquillaxe e perfumes baratos; bágoas que mollan as flores de plástico coas que se decoran as mesas; frustracións, temores… Pero, sobre todo, anhelos.
Actualización en el elenco:
Catro Nacho Castaño substiturá a César Gold.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte