Os fotógrafos Pepe Álvez, Óscar Cela, Eduardo Ochoa, Adra Pallón, Bego Pérez, César Quijada e Aída Soengas realizarán proxeccións comentadas das súas fotografías sobre o San Froilán dentro da «Letra das Festas. San Froilán 2021 (Revista oral do San Froilán)» que terá lugar o mércores 6 de outubro, ás 18.30 horas, no Auditorio do Centro Cultural Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n).

Baixo o título «Memoria das festas tras o visor dunha cámara fotográfica.» é unha oportunidade única e a non perder para desfrutar con estes grandes fotógrafos e fotógrafas do seu saber facer, da beleza das imaxes, da historia detrás delas …e todo con música de fondo do Luis Monsalve.

A entrada é de balde até completar capacidade.

Coordinación e presentación: Lois Pérez e Antonio Reigosa (AELG)

No desenvolvemento desta actividade aplicaranse os protocolos sanitarios vixentes en cada momento.

Outras noticias da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo