Todavía coas boas sensacións desta edición no corpo, os FACELAs informan de data e primeiras bandas da sexta edición no 2022: The Wedding Present (U.K), Triángulo de Amor Bizarro e Kike Ganso o 13 e 14 de maio no exterior do Gustavo Frerie… FA CE LA FEST 6

As entradas xa están a venda en wegow por só 25 euros

Seguindo a tradición de agasallarnos con poder ver en Lugo a verdadeiros mitos da historia da música, desta volta, desde Leeds, David Gedge e os «seus» The Wedding Present. 30 anos de indie rock británico cheo de poderosas guitarras, cancións himno e maestría compositiva … os Weddoes en Lugo!!!

Triángulo de Amor Bizarro, o grupo en boca de todos por un último disco memorable e que marca un antes e despois na súa carreira e probablemente na escena musical do Reino de España. En plena forma, cun directo máis que poderoso e contaxioso (Isa e compañía desfrutan tanto sobre o escenario que é fácil empatizar e deixarse levar con eles), e un batería «lucense» poder cantar (e con sorte bailar) «Vigilantes del espejo» vai ser toda unha catarse.

Kike Ganso, coñecido na escena local como «o noso Elliot Smith», e con toda a razón do mundo é o primeiro artista de Lugo anunciado. O compositor lucense firma verdadeiras xoias canción tras canción, con letras traballadas nalgúns casos durante anos, nunha carreira musical impecable á altura dos grandes da música.