Exposición do 16º Concurso de fotografía Xurxo Lobato na Escola de Arte e deseño Ramon Falcon de Lugo ata o 11 de febreiro.

Exposición do 16º Concurso de fotografía Xurxo Lobato

A exposicion do 16º premio de fotografia Xurxo Lobato organizado pola Asociacion de Amigos do Instituto de Monelos da Coruña podese ver na Escola de Arte e deseño Ramon Falcon de Lugo ata o 11 de febreiro. 

Nesta edición se presentaron 149 alumnos/as de 29 centros de ensino de 15 ciudades e vilas de Galicia, con mais de 440 fotos.

PRIMEIRO PREMIO

As fotos premiadas foron presentadas por Anton Freire Barcia,  alumno do EISV, escola de imaxe e son de Vigo, co titulo “Movimiento y siluetas”. 

O xurado apreciou as destacadas calidades desta serie de tres fotografías, posuidoras dunha estética que recolle a mellor tradición da fotografía das vangardas históricas pero resoltas nun contexto de modernidade onde a brillante estrutura formal e cromática desvela a incapacidade comunicativa, a soedade e as dificultades identitarias da sociedade actual.

O xurado estivo composto por Xosé A. Fraga Vázquez, Xoan Anton Perez Lema, Marcos Sánchez,Rosario Sarmiento, Xosé Díaz, e Xurxo Lobato.

SEGUNDO PREMIO

Samuel Giraldez Barros. Títulos: “Cornea de glicerina”, “El lado oscuro de la falsa luna”, “Jabon en cuarto menguante” Alumno de EISV de Vigo. 

O xurado destacou a capacidade onírica e ilusoria, mercé a unha estética relucente e unha técnica notable, onde unhas pompas de xabrón consiguen transportarnos a poéticos espazos siderais.

TERCEIRO PREMIO

Frank Gonzalez. Titulo, “Picking a room”, “Hotel Fantasy” “Outdoor” Alumno de IES Audiovisual de Vigo. O xurado valorou estas fotografías por estar dotadas dunha sobresainte capacidade escénica onde o elemento dramático se funde cunha suxerente e atractiva estética.

ACCESIT

1º Diego Lorenzo EISV 20 años “Manos”
2º Luis Mosquera EASD Pablo Picasso , 19 anos, “foto 2”
3º Marcos Besteiro IES Monelos 17 anos, “So na luz so na sombra”
4º Diana Shevchenko IES Fernando Wirtz, 19 anos, “Augas profundas”
5º Aurora Lorda EISV 19 anos,“Fermosas feridas”
6º Ana Cristina Grigore IES Monte da Vila de O Grove, 17 anos,
“Déjalas salir” “Rendida” “Heridas abiertas”