XAN 2017 A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, recibiu este luns no Museo Provincial de Lugo de mans do artista David Catá, unha doazón dunha das súas obras. Trátase dunha fotografía que leva por título “Segunda pel 02”, realizada no ano 2011, que pertence á colección Ephmera, exposta nesta mesma sala. Ademais durante este acto Catá avanzou un novo traballo de videoarte baixo o título “Sete petalos”, que pertence ao seu novo proxecto fotográfico “Horizontes”.

A Deputada de Cultura aproveitou este acto para presentar o catalogo da exposición Ephemera, a última obra de Catá (Viveiro, 1988), que pode verse nestas instalacións ata este domingo. “O catálogo recolle a colección de máis de 80 pezas principalmente fotográficas que amosan a particular visión artística de Catá, no que ensina como a vida se constrúe a partir de momentos fugaces”.

“O proxecto de Catá abarca a pintura, a escultura, a fotografía e a videoperformance. Un traballo, ademais, internacional, pois a súa, xa percorreu os países de México, Nova York, Perú, Cuba, Portugal, Camboya e España”. Ademais lembrou “que a súa traxectoria conta cunha importante cantidade de premios a todos os niveis, rexionais e nacionais; incluso sendo seleccionado en festivais internacionais como o de Berlín ou Nova York”.

García Porto explicou que con esta proposta “o Goberno da Deputación aposta pola promoción dos artistas novos e lucenses que están destacando no panorama creativo, mesmo a nivel internacional”.

 Novo traballo de videoarte baixo o título “Sete petalos”, que pertence ao seu novo proxecto fotográfico “Horizontes”

Catálogo

O catálogo recolle a exposición «Ephemera» que acolle o Museo desde principios do mes de novembro, e que estará aberta ata este domingo“. Nesta publicación, coordinada por Aurelia Balseiro, recolle o máis significativo das 80 pezas expostas no Museo Provincial, coas que o autor presenta a fugacidade da vida a través de fotografías persoais que recuperan instantes perdidos da súa memoria persoal. Este libro, que foi deseñado e maquetado polo propio autor, conta cunha tirada de 100 exemplares firmada e numerada polo propio artista.

Artista multidisciplinar

David Catá (Viveiro, 1988) artista multidisciplinar, xa que traballa con técnicas artísticas como a fotografía, escultura, a aos con oito anos comezou no Conservatorio de Música de Viveiro. Tras graduarse en 2010 na escola de Bellas Artes de Vigo, gañou o certame fotográfico da Deputación de Ourense. Con este premio comezou o Máster en fotografía de concepto e creación, na EFTI de Madrid. Dende entón, o artista reside en Viveiro, onde traballa na súa obra, a cal conta con multitude de galardóns e prestixio internacional.

 

Paseamos pola expo de David Catá no Museo Provincial de Lugo e saímos abraiados