Ven de abrir no MIHL a exposición “Combate mural: muller, igualdade e empoderamento”, unha exposición baseada no traballo do Culturban, festival de arte urbana que se desenvolveu na cidade promovido pola área de Cultura e o Espacio Lupa

Esta exposición conta cos traballos murais que se elaboraron ao aire libre e con fotografías da elaboración dos mesmos e do día do festival. Obras de Ana Santiso, Jojo, Davixino, Tamara Baz, Elara Elvira, Blanca Escrigas, Miguel Anxo Macía, Iván Mouronte, Sergio Otre, e Xandre Otero e das fotografías de Pepe Saavedra, Bego Pérez e Marcos López.

A exposición estará aberta ao público desde o 10 de decembro até o 11 de febreiro, no que tamén se realizará un obradoiro de arte urbano para nenos e nenas que se realizará no propio MIHL.