O Vello Cárcere acolleu un exitoso #MuralladeLetras onde Suso de Toro, Ledicia Costas, Marica Campo, María Lado e Lucía Aldao, Pilar García Negro ou Luis López Alonso presentaron as súas últimas publicacións,  Magín Blanco, Paco Nogueiras e Paco Cerdeira “Pakolas” deron concertos para o público infantil mentras que Anxo Moure, Raquel Queizás, Brais das Hortas ou o colectivo Polo Correo do Vento convidaro ás mais pequenas a ler a través de historias contadas.

Ademais, Muralla de Letras deu eco ao proxecto editorial lucense Ámboa, que aposta por publicacións que conectan a literatura galega e portuguesa. 

O #MuralladeLetras está promovido pola área de cultura da Deputación de Lugo.