O Museo Provincial de Lugo, dependente da Rede Museística da Deputación de Lugo, amplía a súa oferta de visitas para este verán. Así, ademais das visitas acompañadas que todos os días teñen lugar ás 9:00 e ás 15:00 horas, haberá tamén MUSAVISITAS (visitas guiadas gratuitas de aproximadamente 45 minutos de duración) todos os días no seguintes horarios: 11:00; 13:00; 17:00 e 19:00 horas.

Lémbrase que o número de persoas por grupo non pode exceder de vinte e deberá concertarse previamente a visita no correo concertampl@gmail.com, no teléfono 982.242.112 ou de xeito presencial na recepción do Museo Provincial de Lugo.

Tamén en Viva Lugo:

Percorridos pola colección de Medallística do Museo Provincial de Lugo

Percorridos pola colección de Medallística do Museo