O 21 e 22 de novembro terá lugar en O Vello Cárcere de Lugo a primera edición de VAIA VAIA Encontro de Autoedición 2020, cun mercadiño de fanzines e derivados que será o punto de encontro principal ao redor do cal se organizarán diversas actividades como obradoiros, charlas, mesas redondas, proxeccións, etc abarcando contidos que supoñan mergullarse na linguaxe da ilustración, a creación literaria, o grafismo e as artes visuais.

O obxectivo deste encontro non é outro que acoller durante un par de días unha feira de autoedición e constituírse como unha reunión pública e aberta a todo aquel que estea interesado nas publicacións independentes e autoxestionadas. 

Todas as actividades serán de balde e seguirán os protocolos de prevención que vimos aplicando en todas as actividades culturais para garantir a Cultura Segura”, explicou Maite Ferreiro – concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua-  que presentou xunto con representantes da galería de arte Solaina este 1º Encontro de Fanzines e Autoedición VAIA VAIA.

Se estás interesado/a en participar no mercadiño só tes que cumplimentar e enviar o seguinte formulario antes das 23:59 do día 16 de novembro.

Convocatoria aberta en "Vaia Vaia" - Encontro de autoedición en Lugo

Despois do xenialísimo cartel…o PROGRAMA:  

Sábado 21.

Rúa Soto Freire. Actuacións DJ´s; Riquita, Beta e Rivers Zeta e actuación do grupo Trinitá no Vello Cárcere.

Conferencias; “Creando identidade a través de proxectos persoais” por Miguel A. Costa, “O que poida ser libre, non se cative” por Sofía Prósper e Gabino Vázquez no Auditorio do Vello Cárcere.

Proxección do documental “Grapas” No Auditorio do Vello Cárcere.

Obradoiro “Autoedición post-internet: Das impresoras ás pantallas” por Antonio Giradles.

Domingo 22.

Rúa Soto Freire. Actuacións dos DJ´s Dan Castellaneta e Toninja.

Actuacións de “Grande Amore” e “Elba” no Vello Cárcere.

Conferencias; “Presentando Raposeiras Editorial” e “Conversas Panameñas” con Carola Gelabert, Judith Corro, Victoria Rojo e Sol Moreno no Auditorio do Vello Cárcere.

Proxección de Curtametraxes de animación “Reality” e “Buttwhy” no Auditorio do Vello Cárcere.

Obradoiro para nenos “Coloreando as vangardas”.