NOV 2017 Foi ver o cartel do Festival de Jazz de Lugo deste 2017 e preguntarnos … quén fixo esta maravilla? Seguindo o rastro dos trazos foi fácil descubrilo: esas liñas, ese xeito, esas maneiras … levan o selo persoal de… Iván Mouronte.
VIDA
Nado en Lugo en 1984 … deseñador gráfico, ilustrador, animador e artista conceptual en videoxogos; realizador de curtametraxes de stop motion e vídeos animados, autor de bandas deseñadas … con todos vostedes!!!… I V Á N M O U R O N T E!!!!
Entre vítores e grandes ovacións o sometemos ó trainspottingtest para saber máis deste diamante pulido do debuxo mundial. Faese o silencio:
Elixe o bricolaxe: Iso sempre, relaxante e estresante a partes iguais.
Elixe sentarte no sofá a ver concursos na tele: Saber y ganar
Elixe o teu futuro: Regreso ó futuro.
Elixe facebook, twitter ou instagram: probando, probando.
Querido Iván… a preguntas rápidas, respostas curtas:
Comes moito? Máis do que parece.
Dormes pouco? Non
Asubías paseando? Non
Café, té, manzanilla, tila? Te xeado con pouco te.
Te pongo unha copa? De? Te xeado con pouco te.
Algo para picar: Pico
Levas sempre contigo lápiz e libreta? Lapis, libreta, rotuladores-pincel, destornillador, taladro manual, etc.
Pedra, papel ou tesoira? Papel!
Aperta, dous bicos, dar a man ou sorriso mantendo a distancia? Depende de con quen ou a quen.
Na túa lista musical non pode faltar: Música, moita música
OBRA
Ilustrador, animador e artista conceptual en videoxogos como Battle Of Puppets, World Of Popus ou YumYumBoy de Smallwonders
Ilustracións para carteis (Arde Lucus 2012, Festival de Jazz de Lugo 2017) e para artigos no xornal El Progreso de Lugo e actualmente na revista El Notario del siglo XXI.
Curtametraxes de stop motion e animación 2D (Polo sen cabeza, Merry Xmas Mr Olsen, Sopa de Tartaruga)
Creación de vídeos animados promocionais ou explicativos (Linknovate, Hola Portal).
Autor de banda deseñada, con proxectos persoais como «Grum!» ou «Materia de colorenchos», debuxa, a finais do 2015, as páxinas de «Compostela, camiño de pedra», con guión de Carlos Blanco e Paco Abelleira (Turismo de Santiago de Compostela).
De paseo pola sua web, e a maiores das xa publicadas neste artigo, seleccionamos:
E por suposto, o cartel do Festival de Jazz de Lugo:
Inspiración:
É clara a influencia do cómic no cartel, era unha premisa coa que quería traballar neste caso. Pero tamén quixen darlle un aspecto que recordase as portadas de discos de jazz dos anos 50 e 60, de aí ese xogo coas tipografías en positivo e negativo.
Dista moito da primeira idea ou do primeiro boceto?
En esencia mantense, tanto a nivel estético como compositivo, pero sufriu algún cambio durante o proceso no que á viñeta se refire.
Técnica:
Inicialmente tinta chinesa, posteriormente ilustración dixital, aínda que conservando partes do debuxo a tinta. Os textos tamén foron debuxados da mesma maneira.
MILAGRES
Damos fé do seguinte milagre porque o vivimos en primeira persoa: na presentación desta edición do Festival as autoridades políticas: Xunta, Concello e Deputación estaban TOTOALMENTE de ACORDO en algo: o cartel é magnífico MILAGRE MILAGREEEEE… políticos de acordo en algo sen discusión posible.
Testemuñas deste milagre son: Alberto Clavicémbalo, Pilar García Porto, José Luis Díaz Núñez. Según as nosas informacións con tres testemuñas son suficientes para calificar de SANTO ó milagreiro. Compre abir una iniciativa popular en change.org como primerio paso. Non seremos nos. Non.
Webs para seguir e descubrir máis xenialidades de Iván Mouronte:
Tamén te pode interesar:
– Iván Mouronte gaña o segundo premio no V Concurso Fotográfico Estampas de Paz e Acougo de Lugo
– Vida, obra y milagros del diseñador gráfico Luis Montero