A Sociedade Filarmónica de Lugo celebra o vindeiro 12 de marzo o seu concerto número 700, en 74 tempadas dende o ano 1947, cun concerto extraordinario a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia co violinista francés David Grimal como solista e director, nun programa conformado polos concertos para violín números 3 , 4 e 5 de W. A. Mozart.
Venres, 12 de marzo de 2021 – 20:00 h. -Círculo das Artes de Lugo
RESERVA DE LOCALIDADES
Para asistir ao concerto será preciso reservar as localidades. Compre reservalas por correo electrónico no enderezo: filarmonicadelugo@gmail.com ou chamando por teléfono ao número 982 230 805
Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG)
David Grimal, violín e dirección
Programa: W. A. Mozart: Concertos para violín nº 3, 4 e 5
David Grimal, violín e dirección
David Grimal (1973), violinista francés, empezou a tocar o violín á idade de cinco anos. Gañou o Primeiro Premio en violín e música de cámara no Conservatorio de París en 1993. Posteriormente realizou os seus estudos de posgraduado con Regis Pasquier. Tamén enriqueceu e profundou a súa musicalidade estudando con personalidades como Philipp Hirschhorn, Shlomo Mintz e Isaac Stern.
Como solista, David Grimal foi invitado a actuar con numerosas grandes orquestras, incluíndo a Orquestra de París, Orquestra Filharmónica de Radio France, Orchestre National de Lyon, Opéra de Lyon, Capitole de Toulouse, Mozarteum de Salzburgo, Berliner Sinfonie, Budapest, Bucarest, Basilea, Monte Carlo, Fundación Gulbenkian Lisbonne, Sinfonía Varsovia, Dublín, Taipei, Virtuosos de Moscova, Stockholm Chamber Orchestra, Sinfónica de Varsovia, a Orquestra de Cámara de Baviera, I Musici di Padova, Montpellier Philharmonic, Sinfónica de Cannes, Avignon Orquestra Sinfónica e Orquestra do Conservatorio de París. Ademais, formou a súa propia orquestra, Les Dissonances, coa que obtivo numerosos premios.
David Grimal deu concertos de música de cámara con Youri Bashmet, Boris Berezovsky, Gerard Caussé, James Galway, Christoph Henkel, Paul Meyer, Karoly Mocsáry, Pascal Moraguès, Raphaël Oleg, Régis e Bruno Pasquier, Jean-Claude Pennetier, Xavier Phillips, Roland Pidoux , Alain Planès ou Emmanuel Strosser.
Gañou o European Community Prize (1996), así como The European Radio Union Prize (1996), e recibiu o «Crédit National» Fellowship Award. Ademais, foi distinguido como o descubrimento Clásica do MIDEM 1997.
Foi galardoado co Premio de Cultura Europeo no Wiener Musikverein de 1996. Francia fíxoo Cabaleiro das Artes e as Letras en 2008.
David Grimal toca o Ex Roederer, Stradivarius (1710) prestado por Fazenda Ipiranga, Mguaranesia / MG, Brasil.